— Axudas a proxectos de enerxía fotovoltaica – Ata 17/06/2019
Información de la ayuda
Derogada / Fóra de prazo- Web: https://www.xunta.ga...
- Fin: 17/06/2019
- Descarga:
RESUMO ELABORADO POR
Pode consultar/descargar este resumo da Resolución en “Documentación” (formato PDF) e a Resolución completa na ligazón “Web”
—RESOLUCIÓN del 2 de maio de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvenciones para proxectos de enerxía fotovoltaica, para o ano 2019, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Regional, no marco do programa operativo Feder-Galicia 2014-2020. INEGA (DOG Nº 16/05/2019)
OBXECTO E NORMATIVA DE APLICACIÓN
1. O obxecto de estas bases e apoiar proxectos con fins de aforro enerxético e fomento do uso racional das enerxías renovables. Os proxectos limitaranse a instalacións para a xeración de electricidade mediante paneis solares fotovoltaicos.
BENEFICIARIOS
1. Poderán acceder á condición de beneficiarios das presentes subvencións:
a) As entidades locais de Galicia e entidades dela dependentes.
b) As entidades sen ánimo de lucro.
c) Empresas legalmente constituídas e autónomos.
d) Universidades públicas de Galicia.
INVESTIMENTOS SUBVENCIONABLES
1. Os paneis solares fotovoltaicos.
2. O acondicionamento da enerxía eléctrica (inversores, convertedores, reguladores, cadros eléctricos, elementos de interconexión, proteccións, cables, equipamentos de medidas etc.), monitorización (sensores, adquisición de datos, comunicación remota etc.) e sistema de acumulación con baterías.
3. O resto de accesorios da instalación para o correcto funcionamento do sistema.
PROXECTOS QUE SE SUBVENCIONAN
1. Co obxectivo de garantir o correcto funcionamento das instalación, con carácter xeral, cando sexa de aplicación, cumprirase o Regulamento electrotécnico de baixa tensión (REBT) ou de alta tensión, se for o caso. Por outra banda, establécese un rendemento mínimo do panel fotovoltaico do 5 % para que o proxecto sexa subvencionable.
2. No caso de solicitudes de empresas, as súas agrupacións e asociacións, así como entidades sen ánimo de lucro que realicen actividade económica, a potencia máxima do proxecto será de 100 kWp.
3. O investimento elixible máximo por potencia unitaria (sen IVE) estará limitado polos 1.200 €/kWp.
CONTÍA DA AXUDA
1. A intensidade máxima da axuda, segundo tipo de beneficiario, será a seguinte:
Beneficiarios | Porcentaxe máxima de axuda |
Entidades locais e universidades | 80% |
Entidades xurídicas sen ánimo de lucro (que non realicen actividade económica) e as comunidades de montes | 80% |
Empresas, as súas agrupacións e asociacións, así como entidades sen ánimo de lucro que realicen actividade económica. No caso de pequenas empresas, a axuda incrementarase en 20 puntos porcentuais, e no caso de medianas empresas en 10 puntos porcentuais |
25% |
2. A contía máxima da axuda por proxecto para empresas será de 50.000 €. En universidades a contía máxima por proxecto será de 400.000 €, mentres que en entidades locais 25.000 € e entidades sen ánimo de lucro 10.000 €.
3. A contía máxima por beneficiario será de 400.000 €.
4. En ningún caso o custo de adquisión dos gastos subvencionables poderá ser superior ao valor do mercado.
PRAZO DE SOLICITUDES
O prazo xeral para a presentación de solicitudes finalizará o 17 de xuño de 2019.