— Axudas á prevención de riscos laborais. Ata 3 agosto.
Información de la ayuda
Derogada / Fóra de prazo- Web: https://www.xunta.ga...
- Fin: 08/03/2018
- Descarga:
RESUMO ELABORADO POR
Pode consultar/descargar este resumen da Orde en “Documentación” (formato PDF) e a Orde completa na ligazón “Web”
— ORDE do 15 de xuño de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas a accións de fomento da prevención de riscos laborais e se procede á súa convocatoria na Comunidade Autónoma de Galicia no exercicio de 2018. Consellería de Economía, Emprego e Industria. DOG Nº 126, 03/07/2018
OBXECTO
Esta orde ten por obxecto o establecemento das bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2018 da concesión de subvencións, pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, Secretaría Xeral de Emprego, co fin de levar a cabo accións de formación, sensibilización, asesoramento e fomento da prevención de riscos laborais en Galicia.
LIÑAS
Liña 3. Investimentos destinados a accións de mellora na adaptación, substitución ou adquisición de equipamentos de traballo e adaptacións de postos de traballoCoa fina
BENEFICIARIAS E O SEU FINACIMENTO
Liña 3. Poderán ser beneficiarias desta liña:
As medianas, pequenas empresas e microempresas, así como as persoas traballadoras autónomas con persoas traballadoras ao seu cargo, que teñan o seu domicilio social e polo menos un centro de traballo no territorio da Comunidade Autónoma de Galiciaina
IMPORTE MÁXIMO SUBVENCIONABLE
1. Por entidade:
Na liña 3: ningunha empresa poderá percibir unha contía cuxo importe supere o 50 % do custo subvencionable realizado nela, e o límite máximo nunca poderá exceder un total de 15.000 euros.
GASTOS SUBVENCIONABLES E PERÍODO DE IMPUTACIÓN
Para a liña 3 as accións subvencionables e os gastos derivados delas poderán realizarse desde o 1 de xaneiro de 2018 ata o 31 de outubro de 2018.
ACCIÓNS SUBVENCIONABLES
1. Serán subvencionables os investimentos en prevención de riscos laborais para uso propio da empresa (exclúense os adquiridos para venda ou alugamento), sempre que a mellora da necesidade preventiva quede reflectida na avaliación de riscos e estea recollida na planificación da actividade preventiva a que se refire a Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais.
2. Os investimentos poden ser de 3 tipos:
a) Investimentos na mellora da adaptación de máquinas, substitución ou adquisición de equipamentos de traballo:
- Mellora na adaptación de máquinas ou equipamentos de traballo que, cumprindo coas disposicións previstas no Real decreto 1215/1997, do 18 de xullo, polo que se establecen as disposicións mínimas de seguridade e saúde para a utilización polos traballadores dos equipamentos de traballo, sexan susceptibles dunha mellora desde o punto de vista da súa maior seguridade.
- Mellora na adaptación ou adquisición de máquinas ou equipamentos de traballo, realizada con criterios ergonómicos, co obxecto de previr trastornos musculoesqueléticos.
Non son obxecto de subvención o mobiliario nin os accesorios de oficina. - Mellora na adaptación, substitución ou adquisición de máquinas ou equipamentos de traballo ou outras medidas de protección colectiva co obxecto de reducir o risco de exposición a axentes químicos, ao ruído, ás vibracións mecánicas e aos axentes biolóxicos durante o traballo.
Non serán subvencionables as modificacións organizativas dos métodos de traballo.
b) Mellora na adaptación de postos de traballo:
A mellora na adaptación de postos de traballo con obxecto de reducir riscos para a maternidade, realizadas con criterios preventivos para a protección do embarazo e da lactación natural, segundo o artigo 26 da Lei 31/1995, de prevención de riscos laborais, así como para a redución de riscos noutros colectivos sensibles claramente identificados na memoria que se presente.
c) Investimentos nos lugares de traballo:
Intervencións nos lugares de traballo destinadas a ofrecer seguridade fronte aos riscos presentes neles, de conformidade cos números 2 a 8 e 13 do anexo I do Real decreto 486/1997, do 14 de abril, polo que se establecen as disposicións mínimas de seguridade e saúde no traballo.
Non serán subvencionables os supostos de: seguridade estrutural, escaleiras de man, vías e saídas de evacuación, condicións de protección contra incendios e instalación eléctrica, orde, limpeza e mantemento, condicións ambientais, iluminación nin servizos hixiénicos e locais de descanso.
PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
O prazo xeral para a presentación das solicitudes rematará o 3 de agosto de 2018.