— Axudas a infraestruturas para enerxías renovables.Ata 1 marzo.
Información de la ayuda
Derogada / Fóra de prazo- Web: https://www.xunta.ga...
- Fin: 03/01/2018
- Descarga:
RESUMO ELABORADO POR
Pode consultar/descargar este resumo da Resolución en “Documentación”(formato PDF) e a Resolución completa na ligazón “Web”
— RESOLUCIÓN do 26 de decembro de 2017 pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións para a creación, mellora e ampliación de pequeñas infraestruturas para proxectos de enerxías renovables destinadas a particulares e cofinanciadas parcialmente co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, se anuncia a convocatoria anticipada para o ano 2018 e se procede á selección das entidades colaboradoras que participarán na xestión destas subvencións. INEGA. DOG Nº 21, (30/01/2018).
OBXECTO
O obxecto destas subvencións é apoiar proxectos promovidos polos particulares e as súas agrupacións e asociacións con fins de aforro enerxético e fomento do uso das enerxías renovables. Os proxectos limitaranse a instalacións para a xeración de enerxía térmica mediante equipamentos que utilicen biomasa como combustible e outras instalación de enerxías renovables que utilicen como fonte enerxética a xeotermia, a aerotermia ou a solar.
CONCEPTOS SUBVENCIONABLES
1. Serán subvencionables:
a) O equipamento principal de xeración enerxética (paneis solares, bomba de calor, caldeira). No caso da biomasa o custo do equipamento térmico e os seus accesorios principais (sistema de regulación e control, sistemas de limpeza, depuración de fumes, extracción cinzas).
b) Resto de accesorios da instalación para o correcto funcionamento de sistema.
c) O custo do sistema de almacenamento do combustible.
d) O custo do sistema de alimentación do combustible.
e) O custo de montaxe e conexionado.
f) No caso da enerxía xeotérmica, o sistema de captación do recurso xeotérmico: sondaxes, intercambiadores, acumuladores, tubarías, etc.
g) No caso da enerxía fotovoltaica o acondicionamento da enerxía eléctrica (inversores, convertedores, reguladores, cadros eléctricos, elementos de interconexión, proteccións, cableado, equipamentos de medidas, etc.), monitorización (sensores, adquisición de datos, comunicación remota, etc.) e sistema de acumulación con baterías. Serán subvencionables tanto as instalacións illadas da rede como as conectadas a ela.
h) IVE, cando non sexa recuperable conforme a lexislación nacional sobre IVE.
En todo caso, os beneficiarios que gocen da exención do IVE, deberán acreditar esta circunstancia mediante a presentación do correspondente certificado emitido pola Administración tributaria.
2. Non son subvencionables:
- a) Os gastos de funcionamento da actividade subvencionada e material funxible en xeral.
- b) Os gastos anteriores á presentación da solicitude.
- c) A reposición ou mera substitución de equipamentos existentes en proxectos financiados con fondos Feader. Para estes efectos, enténdese por gastos de reposición ou substitución aqueles que se limiten a substituír unha máquina existente ou parte desta por unha máquina nova e moderna sen ampliar a capacidade de produción en máis dun 25 % ou introducir cambios fundamentais na natureza da produción ou tecnoloxía correspondente).
- d) Equipamento e materiais de segunda man.
- e) As obras de mantemento e os gastos de alugueiro.
- f) As taxas e licenzas administrativas.
- g) As conducións de distribución interior da calor e os equipamentos emisores, salvo cando estes sexan parte activa do circuíto de xeración térmica.
INTENSIDADE DA AXUDA E CONTÍA MÁXIMA
1. A intensidade da axuda será do 50 %.
2. A contía máxima da axuda por proxecto será de 60.000 €.
INFORMACIÓN AOS INTERESADOS
Sobre este procedemento administrativo poderase obter documentación normalizada ou información adicional a través dos seguintes medios:
- Na páxina web do Inega(www.inega.gal) e no correo electrónico inega.info@xunta.gal
- No teléfono 981 54 15 00 (Inega).
- Presencialmente, no Inega (rúa Avelino Pousa Antelo, 5. San Lázaro. 15703 Santiago de Compostela), previa cita no teléfono 981 54 15 00.
PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
1. O prazo de presentación de solicitudes finalizará o 1 de marzo de 2018.