— Axuda accións silvícolas prevención danos (ata 25 febreiro)
Información de la ayuda
Derogada / Fóra de prazo- Web: www.xunta.gal/dog/Pu...
- Comezo: 01/13/2017
- Fin: 02/25/2017
- Descarga:
RESUMO ELABORADO POR
Pode consultar/descargar este resumo da Orde en “Documentación”(formato PDF) e a Orde completa na ligazón “Web”
— ORDE do 28 de decembro de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para accións silvícolas de prevención dos danos causados aos bosques por incendios, desastres naturais e para o incremento da capacidade de adaptación e do valor ambiental dos ecosistemas forestais, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2017. Consellería do Medio Rural. DOG (Nº 8, 12/01/2017)
OBXECTO
- Esta orde ten por obxecto establecer as bases que regulan as axudas para accións silvícolas de prevención dos danos causados aos bosques por incendios, desastres naturais e para o incremento da capacidade de adaptación e do valor ambiental dos ecosistemas forestais, en réxime de concorrencia competitiva, a través de dúas liñas de axuda.
- As dúas liñas de axuda obxecto de subvención, que se corresponden co procedemento MR605A, son as seguintes:
a) Liña I: axudas para realizar tratamentos silvícolas (prácticas preventivas, de carácter local e a pequena escala, que permitan crear descontinuidades verticais e horizontais da cuberta vexetal e o control selectivo de combustible, como son rozas, desmestas, rareos e podas) coa finalidade de prevención de incendios.
b) Liña II: axudas para realizar tratamentos silvícolas (rareos, desmestas, podas, cortas de formación, rozas etc.) e plantacións puntuais de determinadas árbores, directamente vinculadas ao incremento dos valores ecolóxicos dos bosques que non teñan carácter produtivo.
ÁMBITO DE APLICACIÓN
O disposto nesta orde será de aplicación para todo o territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, con exclusión:
- a) Dos bosques ou outras superficies forestais que sexan propiedade da Administración central ou autonómica.
- b) Dos bosques e outras superficies forestais propiedade da Coroa.
- c) Dos bosques que pertenzan a empresas públi
- d) Dos bosques propiedade de persoas xurídicas, cando polo menos o 50 % do seu capital pertenza a algunha das institucións anteriormente citadas.
BENEFICIARIOS
- Poderán ser beneficiarios das axudas previstas nesta orde as sociedades de fomento forestal (Sofor), os propietarios particulares de forma individual, as asociacións e agrupacións de propietarios particulares formalmente constituídas e inscritas no Rexistro de Asociacións da Xunta de Galicia, as cooperativas agrarias, os proindivisos, os montes de varas, abertais, de voces, de vocerío e fabeo, as comunidades de bens, as entidades locais, outras persoas xurídicas e as comunidades de montes veciñais en man común (en diante CMVMC).
INTENSIDADE DE AXUDA
A intensidade da axuda para estas actuacións será do 100 %, calculándose a axuda sobre o custo real do investimento determinado no correspondente proxecto técnico e tendo en conta o anexo VIII en que figura o cadro de importes máximos subvencionables por cada tipo de actuación
ACTUACIÓNS OBXECTO DA AXUDA
- Os tipos de actuacións subvencionables son os seguintes:
a) Liña I (axudas para realización de tratamentos silvícolas preventivos de incendios forestais):
- Rareos en masas estables de coníferas con diámetro normal medio da masa antes da actuación inferior a 15 cm e cunha densidade inicial de 2.000 pés/ha ou superior:
- Rareos en masas de coníferas con diámetro normal medio da masa antes da actuación inferior a 15 cm, acadando unha densidade final entre 800 e 1.200 pés/ha. No caso das masas de Pinus sylvestris L., as densidades máximas desta epígrafe poderanse incrementar nun 20 %.
- Trituración dos restos, picadura ou extracción para o seu aproveitamento como biomasa; porén, non se poderá solicitar a trituración dos restos, a picadura nin a extracción para o seu aproveitamento como biomasa no caso de que o rareo se realice totalmente de forma sistemática e mecanizada, salvo que os restos que se obteñan despois do tratamento permitan o seu aproveitamento como biomasa.
- Rozas previas ás podas e podas en masas de coníferas, dirixidas á creación de des- continuidade tanto horizontal como vertical en masas de coníferas:
- Roza de penetración, en masas de coníferas, previa á realización de podas (roza a media altura en liña de planta para poder chegar á árbore e realizar a poda), ou roza mecanizada en rúas.
- Podas en masas de coníferas, ata unha altura mínima de 2 metros e máxima 4 metros e cunha densidade final máxima da masa despois de realizar os traballos de 1.200 pés/ha. Esta actuación é compatible con podas naturais e podas realizadas con anterioridade en masas onde se tivese realizado un realce co obxectivo de guiar o desenvolvemento normal da árbore e limitada aos primeiros verticilos. No caso das masas de Pinus sylvestris L., as densidades máximas desta epígrafe poderanse incrementar nun 20 %.
- Trituración de restos de poda, picadura ou extracción para o seu aproveitamento como biomasa.
- Dentro desta epígrafe terá que solicitarse obrigatoriamente a poda, e poderanse solicitar sobre a mesma superficie as rozas previas á realización de podas.
b) Liña II (axudas para tratamentos silvícolas –rareos, desmestas, podas, cortas de formación, rozas etc.– e plantacións puntuais de determinadas árbores, directamente vinculados ao incremento dos valores ecolóxicos dos bosques). Ao ser esta liña de axudas unha medida con obxectivos ambientais e non produtivos, as actuacións elixibles que se detallan a continuación non conducirán a un aumento significativo no valor ou rendibilidade da explotación forestal:
- Tratamentos silvícolas en masas de frondosas caducifolias, sobreiras e aciñeiras con diámetro normal medio da masa inferior aos 20 cm, considerando como tales aquelas cun mínimo dun 80 % de superficie ocupada por frondosas caducifolias, sobreiras e aciñeiras, e cunha densidade mínima destas de 400 pés/ha e altura media superior a 1,5 m:
- Roza de penetración, en masas de frondosas, previa á realización de podas (roza a media altura en liña de planta para poder chegar á árbore e realizar a poda), ou roza mecanizada en rúas.
- Formación de guías en que se manifeste nitidamente a dominancia apical e/ou poda ata 1/3 da altura como mínimo.
- Selección de abrochos.
- Rareos.
- Dentro desta epígrafe poderanse solicitar e acumularse as súas accións sobre unha mesma superficie sempre que o importe por hectárea non supere os 2.212 €.
- Rexeneración e/ou mellora de soutos de castiñeiros cunha densidade mínima de 100 pés/ha:
- Rozas.
- Podas.
- Tratamentos fitosanitarios para a conservación e mellora dos soutos.
- Aumento da densidade dos soutos mediante a plantación de castiñeiro resistente á tinta.
- Dentro deste punto, poderán solicitarse e acumularse diferentes actuacións sobre unha mesma superficie sempre que o importe por hectárea non supere os 1.544 €.
- As actuacións indicadas nas liñas I e II non poderán obter axuda sobre unha mesma superficie.
- Poderanse subvencionar os honorarios de redacción de proxecto, logo de solicitude, segundo o tope por hectárea indicado no anexo VIII de traballos, e só naqueles casos onde é obrigatoria a súa presentación.
- Non serán elixibles as mesmas actuacións realizadas en superficies sobre as cales se concedeu subvención de calquera destas dúas liñas de axuda nos 5 anos anteriores a esta convocatoria, agás no caso de traballos de roza, que se limitará aos 3 anos anteriores.
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
O prazo de presentación de solicitudes remata o 25 de febreiro de 2017.