— Axuda a creación de GOIs de innovación e sustentabilidade (ata 9 febreiro)
Información de la ayuda
Derogada / Fóra de prazo- Web: www.xunta.gal/dog/Pu...
- Comezo: 01/10/2017
- Fin: 02/09/2017
- Descarga:
RESUMO ELABORADO POR
Pode consultar/descargar este resumen da Orde en “Documentación”(formato PDF) e a Orde completa na ligazón “Web”
— ORDE do 27 de decembro de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras da concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas para a creación de grupos operativos de innovación da Asociación Europea de Innovación en materia de produtividade e sustentabilidade agrícola, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), e se convocan para o ano 2017. Consellería do Medio Rural DOG Nº 5 (09/01/2017)
OBXECTO
1. Esta orde ten por obxecto aprobar as bases polas que se rexerá a concesión das subvencións para o apoio á creación de grupos operativos (GO) da Asociación Europea de Innovación conforme o artigo 35.1.c) e os artigos 56 e 57 do Regulamento (UE) 1305/2013 do Parlamento Europeo e do Consello do 17 de decembro de 2013, relativo á axuda para o desenvolvemento rural a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader).
2. Así mesmo, convocar para o ano 2017 as axudas a iniciativa de creación de grupos operativos para gastos destinados á definición, elaboración e busca de socios para proxectos innovadores, de acordo coas bases reguladores sinaladas no punto anterior.
BENEFICIARIOS DAS AXUDAS
1. Poderán acceder á condición de beneficiario das subvencións as persoas físicas ou xurídicas tales como: agricultores, gandeiros, silvicultores e as organizacións representativas destes; investigadores, persoas que desenvolvan por conta propia a súa actividade no eido do medio rural; empresas do sector agrícola, gandeiro ou forestal e as súas organizacións representativas; cooperativas agrarias e as súas asociacións e outras entidades que demostren intereses no fomento da competitividade da agricultura, na sostibilidade dos recursos naturais e do clima ou desenvolvemento das economías e comunidades rurais.
2. O solicitante presentará a solicitude de axuda para a definición, elaboración e busca de socios co fin da constitución dun grupo operativo para a elaboración dun proxecto innovador en materia de sostibilidade e produtividade agrícola no marco da Asociación Europea de Innovación (AEI) .
3. Solo serán elixibles aquelas solicitudes de carácter autonómico que presenten un proxecto a desenvolver na Comunidade Autónoma de Galicia destinado a resolver un problema existente no sector agrario, forestal ou agroalimentario galego.
DEFINICIÓNS
- Asociación Europea de Innovación (AEI): é o marco onde atopan acomodo as iniciativas de innovación en materia de sostibilidade e produtividade agraria. A estrutura instrumental da AEI articúlase arredor da rede europea que fai posible a conexión de grupos operativos, servizos de asesoramento e investigadores. Os seus obxectivos defínense no artigo 55.1 do Regulamento (UE)
1305/2013, do 17 de decembro de 2013. - Grupo Operativo: agrupación constituída como principal vehículo, orientado á identificación de problemas concretos ou oportunidades nos sectores agroalimentario e forestal, a partir dos que se xeran iniciativas innovadoras que dean resposta e solucións a esas dificultades ou oportunidades detectadas, sempre no ámbito dos obxectivos da AEI. O grupo operativo estará formado por un mínimo de dous actores interesados.
- Iniciativa do proxecto de innovación: entenderase como a cooperación entre diversos axentes para a elaboración dun proxecto que contribúa a estimular actividades innovadoras mediante o fomento de coñecementos e a divulgación da información.
- Axente de innovación: persoa física ou xurídica coa que pode contar un grupo operativo, que busca e pon en contacto os actores idóneos para levar a cabo un proxecto innovador, sen ter, necesariamente, que estar involucrado tecnicamente. O axente de innovación pode ser unha entidade integrada dentro do grupo operativo ou ben unha persoa ou entidade contratada por este.
GRUPO OPERATIVO
- Os grupos operativos terán ámbito autonómico e estarán formados polo menos por dous dos membros sinalados no artigo 2.1 e contarán con procedementos internos que garantan a transparencia no seu funcionamento, a toma de decisións e eviten conflitos de intereses.
- O solicitante da axuda e membro do grupo operativo actuará como representante e coordinador, e asumirá a xestión económica do proxecto e a plena responsabilidade fronte á Administración para os efectos de pagos, reembolsos e recuperacións.
- A relación entre os socios quedará reflectida nun convenio de colaboración no que se comprometan a permanecer no grupo durante o período de creación, deseño e redacción do proxecto, o dito documento porase á disposición da Administración.
- Os grupos operativos deberán difundir os resultados de seus proxectos polas vías que consideren oportunas e obrigatoriamente a través da rede da Asociación Europea de Innovación (AEI), que ten como obxectivo os recollidos no artigo 55 do Regulamento (UE) núm. 1305/2013 do Parlamento Europeo e do Consello do 17 de decembro de 2013, relativo á axuda para o desenvolvemento rural a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) .
- Os grupos operativos presentarán unha soa iniciativa do proxecto de innovación que se vai desenvolver na Comunidade Autónoma de Galicia, destinado a resolver un problema existente no sector agrario, forestal e agroalimentario.
REQUISITOS DAS INICIATIVAS DOS PROXECTOS DE INNOVACIÓN
1. Os proxectos, para cuxa execución se pretendese constituír o grupo operativo, deben fomentar a cooperación e a innovación nas áreas prioritarias de actuación que se detallan:
a) Xestión sostible dos recursos naturais.
- Sistemas de produción agro-silvopastorais con alto grao de diversidade, con manexos ecolóxicos ou integrados. Centrados na áreas específicas para recursos xenéticos animais e vexetais importantes para Galicia (gandería de vacún, ovino e cabrún; pastos, forraxes, cereais, froitas, hortalizas, viñedo, plantas industriais e outras).
- Programas específicos dirixidos ás áreas de sanidade animal e vexetal e uso sostible de produtos fitosanitarios. As iniciativas terán en conta as orientacións e achegas ao impulso dos sistemas agrarios que contribúan á mitigación dos impactos negativos da agricultura sobre o medio, en concreto no relativo á calidade das augas e á emisión de gases de efecto invernadoiro, con especial énfase na xestión dos efluentes procedentes da actividade agraria nas explotacións e a súa valorización como fertilizantes.
- Xestión dos recursos hídricos agrícolas, en particular nas tecnoloxías de xestión e utilización de augas superficiais para a súa utilización sostibles e eficiente na rega de cultivos, control de canais e prevención de inundacións.
- Estudo da eficiencia de uso e do impacto no medio natural dos recursos internos e externos das explotacións (terra, auga, enerxía e nutrientes), co obxectivo de mellorar a produción de alimentos de alta calidade de forma compatible coa prestación de servizos ambientais pola agricultura galega.
- Xestión de fertilizantes nas explotacións agrarias.
- Mitigación do cambio climático en explotacións agrarias para fomentar o paso a unha economía baixa en carbono, lograr mellorar a eficiencia do uso da auga e da enerxía e facilitar o uso de fontes renovables de enerxía.
- Desenvolvemento de tecnoloxías para a preservación e a mellora xenética dos recursos animais e vexetais orientadas á produción de alimentos de calidade, en sistemas sostibles e con reducido impacto ambiental.
b). Sistemas agrarios de produción.
- 1º. Aumento da sostibilidade e competitividade dos sistemas de produción agrícola, gandeira e forestal orientado á salvagarda da saúde dos consumidores, á mitigación dos impactos ambientais e á loita contra o cambio climático. Inclúese o desenvolvemento e obtención de novas tecnoloxías, equipamentos e instalacións, maquinaria, sistemas de produción, manexo e recolección de cultivos, así como a mellora xenética, a protección vexetal e animal, o desenvolvemento de axentes de control biolóxicos e o mantemento de especies e ecosistemas autóctonos.
- 2º. Tecnoloxías de produción de baixo input de pesticidas e fertilizantes sintéticos e de produción ecolóxica que teñan en conta a mellora do manexo dos recursos vexetais con respecto á súa composición, resistencia á tensión por axentes bióticos e abióticos, en particular á seca, malas herbas e axentes patóxenos.
- Estudo da ecoloxía e bioloxía de pragas e enfermidades, malas herbas e outros axentes patóxenos co obxectivo de desenvolver técnicas e ferramentas de manexo sostible en sanidade vexetal.
- Mellora dos métodos de monitorización, preservación e mellora da fertilidade do solo.
- Mellora da competitividade e sostibilidade dos cultivos de cereais e leguminosas (gran e forraxe) para a alimentación humana e animal. Mellora xenética varietal do rendemento, plasticidade, resistencia e calidade das proteínas, a partir da explotación dos recursos xenéticos autóctonos.
- 6º. Desenvolvemento e explotación dos bancos de xenes para a mellora da competitividade e sostibilidade dos sistemas de produción agraria.
- 7º. Mellora e extensión de métodos de seguimento e control de patoloxías parasitarias e infecciosas nas producións animais extensivas e ecolóxicas e outras ameazas á sustentabilidade e seguridade da produción alimentaria.
c) Cadea agroalimentaria.
- Tecnoloxías para asegurar e mellorar a seguridade, a calidade e a autenticidade na cadea alimentaria.
- Medida da pegada de carbono ao longo dos procesos da cadea alimentaria.
- Uso de marcadores para confirmar a calidade e/ou autenticidade dos alimentos.
d) Bioeconomía
- Custos de produción dos sistemas de produción agraria aplicados a situacións con limitacións naturais ou outras limitacións específicas, incluídas as situadas en zonas menos favorecidas e de montaña.
- Ferramentas e técnicas de investigación socioeconómica e de soporte á toma de decisións en políticas agrarias dirixidas á solución das necesidades da poboación rural e ao seu desenvolvemento sostible.
- Tecnoloxías para a medición do impacto da investigación agraria en desenvolvemento, sostibilidade e competitividade da agricultura galega.
- Estudo de métodos e ferramentas para facilitar a transferencia e aplicabilidade dos resultados de proxectos de investigación en innovacións reais dentro do sector agroindustrial galego, dirixidos especialmente tanto a explotacións e cooperativas agrarias, como a pemes agroindustriais, demostrando o potencial de explotación das innovacións e os beneficios económicos e competitivos que se obteñen das innovacións.
e) Aplicación das TIC ao sector
f) Outras iniciativas enmarcadas dentro da produtividade, sostibilidade e innovación agrícola, forestal e agroalimentaria
2. Non será financiable ningunha iniciativa do proxecto de innovación que implique unha actividade de investigación básica para a súa execución.
CONTÍA DAS AXUDAS
A intensidade subvencionada acadará o 100 % dos gastos subvencionables da constitución do grupo operativo, ata unha contía máxima de axuda de 5.000 €.
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
O prazo para a presentación de solicitudes rematará o 9 de febreiro de 2017