— Acceso a financiamento operativo (activo corrente) – ata 31 outubro

Agaca
Por Agaca Xaneiro 2, 2017 10:00

Información de la ayuda

Derogada / Fóra de prazo

 

RESUMO ELABORADO PORAgaca

Pode consultar/descargar un resumo ampliado da Orde en “Documentación”(formato PDF) e a Orde completa na ligazón “Web”

— RESOLUCIÓN do 29 de decembro de 2016 pola que se lle dá publicidade ao acordo que aproba as bases reguladoras do programa de apoio ao acceso ao financiamento operativo (activo corrente) das pequenas e medianas empresas, instrumentadas mediante convenio de colaboración coas sociedades de garantía recíproca galegas e as entidades financeiras adheridas (Re-solve 2017), e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva. IGAPE DOG Nº 249 (30/12/2016)

FINALIDADE

Programa de apoio dirixido a facilitar o acceso ao financiamento por parte das pemes do seu activo corrente..

BENEFICIARIOS

Pequenas e medianas empresas, segundo a definición establecida pola Comisión Europea..

Tamén poderán acceder á condición de beneficiario as persoas físicas, agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, as comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, aínda carecendo de personalidade xurídica, poidan levar a cabo as actividades ou se atopen na situación que motiva a concesión da subvenció.

Sectores incentivables

Todas  as  actividades  económicas,  agás as excluídas nas letras c),  d) e e)  do artigo 1 do Regulamento (UE) nº 1407/2013.

CONDICIÓNS E REQUISITOS

Poderán acollerse a este programa de apoio aquelas pequenas e medianas empresas que formalicen un préstamo que se destine ao financiamento do seu activo corrente, entendendo como tal o pagamento de nóminas dos traballadores, tributos, seguridade social, aluguer, leasing, provedores, acredores por prestación de servizos, reparacións, cotas de débedas bancarias a longo prazo no momento do seu vencemento e cotas de leasing, así como á cancelación anticipada de pólizas de crédito ou préstamos destinados á mesma finalidade, que venzan durante o período de disposición. En ningún caso poderán aplicarse a financiar investimentos en inmobilizado ou activos financeiros.

O período máximo de disposición do préstamo subsidiable será ata a primeira cota de amortización ou, como máximo, un (1) ano desde a formalización..

CARACTERÍSTICAS DAS OPERACIÓNS DE FINANCIAMIENTO

  1. Modalidade: préstamo
  2. Importe: o importe máximo de préstamo subsidiable será de 150.000 € por solicitante. O importe
    mínimo atendible será de 3.000€.
  3. Prazo: o prazo de vixencia poderá ser de ata 7 anos, incluída unha carencia dun máximo de dous anos.

TIPOS DE XURO E COMISIÓN
Consultar en “Documentación”

AXUDA DO IGAPE, COMPATIBILIDADE E LÍMITE

  1. Axuda en forma de garantía.

Consistirá no reaval do Igape durante a vixencia da operación de préstamo, en garantía de ata o 25 % do risco asumido pola SGR. Seguindo os criterios establecidos na Comunicación da Comisión 2008/C155/02 relativa á aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado CE das axudas estatais outorgadas en forma de garantía, considérase coma axuda indirecta a equivalente ao importe da prima non cobrada ao beneficiario.

Dentro do límite do 25 %, a cobertura do reaval do Igape outorgarase por unha porcentaxe que, sumado aos reavais doutros organismos, non superen o 80 % do risco asumido pola SGR.

  1. Compatibilidad.

A concesión das axudas destas bases queda supeditada ao cumprimento da normativa vixente e, en especial, a da Unión Europea. Neses termos, serán compatibles con calquera outra axuda pública ou privada pero en ningún caso, illadamente ou en concorrencia con outras, poderán superar os límites máximos de intensidade de axuda establecidos pola Unión Europea.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

O plazo de presentación das solicitudes nas entidades financeras iniciase o 2 de xaneiro e finalizará o 31 de outubro de 2017.