— Defensa sanitaria. Consellería do Medio Rural. Ata 29/01/2016

Agaca
Por Agaca Xaneiro 7, 2016 19:40

Información de la ayuda

Derogada / Fóra de prazo

ORDE do 21 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas ás entidades recoñecidas como agrupacións de defensa sanitaria gandeiras (ADSG) de Galicia e se convocan para os anos 2016-2017. Consellería do Medio rural. (DOG Nº 247, 29/12/2015)

OBXECTO

A orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras da concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, destinadas ás agrupacións de defensa sanitaria gandeiras para a realización das actuacións sanitarias establecidas no anexo IV da presente orde, e efectuar a convocatoria para a anualidade 2016-2017 de conformidade co establecido no Real decreto 81/2015.

FINALIDADE DAS AxUDAS

1. A finalidade destas axudas é a mellora do status sanitario das explotacións gandeiras galegas mediante a execución de programas zoosanitarios comúns e obrigatorios para a prevención e control de enfermidades dos animais.

2. Os Os programas de planificación zoosanitaria comezarán o 1 de marzo de 2016 na data de presentación da solicitude de axudas se esta é posteriore rematarán o 28 de febreiro de 2017,e deberán incluír como mínimo as actuacións sanitarias dos programas sanitarios marco obrigatorios establecidos no anexo IV.

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación da presente orde no Diario Oficial de Galicia.

Para ver máis información, consulte o arquivo PDF adxunto en “Documentación”