— Axudas a infraestruturas de biomasa. Ata 7 febreiro.
Información de la ayuda
Derogada / Fóra de prazo- Web: https://www.xunta.ga...
- Fin: 02/07/2019
- Descarga:
RESUMO ELABORADO POR
Pode consultar/descargar este resumo da Resolución en “Documentación” (formato PDF) e a Resolución completa na ligazón “Web”
— RESOLUCIÓN do 11 de decembro de 2018 pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións para a creación, mellora e ampliación de pequenas infraestruturas para proxectos de biomasa destinadas a particulares e cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, se anuncia a convocatoria anticipada para o ano 2019. INEGA. DOG Nº 4, (07/01/2019)
OBXECTO
O obxecto destas subvencións é apoiar proxectos promovidos polos particulares e as súas agrupacións e asociacións con fins de aforro enerxético e fomento do uso das enerxías renovables. Os proxectos limitaranse a instalacións para a xeración de enerxía térmica mediante equipamentos que utilicen biomasa como combustible, en concreto, os proxectos de biomasa do grupo B2 (caldeiras con sistemas de alimentación automática e volume de acumulación de combustible V≥ 250 litros e V< 1.000 litros) e grupo B3 (caldeiras con sistema de alimentación automática e volume de acumulación de combustible V≥ 1.000 litros) que se desenvolvan en parroquias definidas como rurais ou intermedias, para os efectos da aplicación do Feader (clasificación ZPP ou ZIP do grao de urbanización da parroquia segundo o GU 2016).
CONCEPTOS SUBVENCIONABLES
1. Serán subvencionables:
a) O custo do equipamento térmico e os seus accesorios principais (sistema de regulación e control, sistemas de limpeza, depuración de fumes, extracción de cinzas).
b) Resto de accesorios da instalación para o correcto funcionamento de sistema.
c) O custo do sistema de almacenamento do combustible.
d) O custo do sistema de alimentación do combustible.
e) O custo de montaxe e conexión.
f) IVE, cando non sexa recuperable conforme a lexislación nacional sobre IVE.
En todo caso, os beneficiarios que gocen da exención do IVE, deberán acreditar esta circunstancia mediante a presentación do correspondente certificado emitido pola Administración tributaria.
INTENSIDADE DA AXUDA E CONTÍA MÁXIMA
1. A intensidade da axuda será do 50 %.
2. A contía máxima da axuda por proxecto será de 60.000 €.
PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
1. O prazo de presentación de solicitudes finalizará o 7 de febreiro de 2019.