ACTIVIDADES

Maio 2022

REVISTA AGACA

  • Cooperación Galega nº 157 – Marzo 2022

    — Editorial: Venda a perdas.
    — A fondo: Éxito do programa de Apoio á función xerencial entre cooperativas e estudantes en prácticas.
    — Caderno Técnico: Os consellos dos expertos ante as subas de enerxía e materias primas nos custos de produción das explotacións leiteiras.

    Ver Online Ver Todas Hemeroteca
  • O 22 de febreiro comeza unha nova edición do obradoiro gratuíto “Emprendemento cooperativo no medio rural: oportunidades de negocio”, que se celebrará online e consta de 5 sesións temáticas.
  • Para inscribirse é necesario completar este formulario o chamar ao 981 58 47 83.

AGACA lanza o bradoiro online “Emprendemento cooperativo en el medio rural: oportunidades de negocio”. O seu obxectivo global é definir aspectos xerais e elementos necesarios para levar a cabo un proxecto de emprendemento cooperativo no medio rural, para o que se impartirán 5 sesións temáticas, en horario de mañá.

 

22 de febreiro  – Por que emprender? A importancia da motivación por emprender: importancia social e económica do emprendedor

PONENTE: Dª. Loli Couso Costa, técnica de AGACA.

24 de febreiro Oportunidades de negocio para o emprendemento no medio rural: 12 exemplos

PONENTE: D. Demetrio Bedriñana Bañico, técnico de AGACA.

1 de marzo – Xeración e maduración das ideas para un proxecto emprendedor no medio rural. Estratexias para levar adiante as túas ideas con éxito

PONENTE: D. Higinio Mougán Bouzón, director-gerente de AGACA.

3 de marzo – A fórmula cooperativa como modelo de emprendemento. A posta en marcha do proxecto. Posibles apoios e axudas públicas iniciais á posta en marcha do proxecto emprendedor

PONENTE: D. Carlos Ares Fernández, técnico de AGACA.

8 de marzo Elaboración do plan emprendedor. Análise de viabilidade do proxecto: persoal, técnica/comercial e financeira, previsión de resultados

PONENTE: D. David Vila López, técnico de AGACA.

Podes encontrar el programa completo aquí.

AGACA organiza esta actividade, que se enmarca na programación 2022 da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Xunta de Galicia para o fomento do cooperativismo e a economía social, que conta con financiamento do Ministerio de Traballo e Economía Social.

31/01/2022