ACTIVIDADES

Xaneiro 2022

REVISTA AGACA

  • Cooperación Galega Nº 156 — Decembro 2021

    — Editorial: E, a maiores, o gran reto ambiental
    — A fondo: A gandería en apuros
    — Caderno Técnico: Sostibilidade, mitigación e adaptación das prácticas agrícolas ao cambio climático

    Ver Online Ver Todas Hemeroteca
  • Lanzamos o taller gratuíto “Emprendemento cooperativo no medio rural: oportunidades de negocio”, que se celebrará online, consta de 5 sesións temáticas os martes e xoves de xaneiro.
  • Para inscribirse é necesario completar este formulario ou chamar ao 981 58 47 83.

AGACA lanza o obradoiro en liña “Emprendemento cooperativo no medio rural: oportunidades de negocio”. O seu obxectivo global é definir aspectos xerales e elementos necesarios para levar a cabo un proxecto de emprendemento cooperativo no medio rural, para o que se impartirán 5 sesións temáticas, en horario de mañá.

11 de xaneiro Elaboración do plan emprendedor. Análise de viabilidade do proxecto: persoal, técnica/comercial e financeira, previsión de resultados

PONENTE: D. David Vila López, técnico de AGACA.

13 de xaneiro  – Por que emprender? A importancia da motivación por emprender: importancia social e económica do emprendedor

PONENTE: Dª. Loli Couso Costa, técnica de AGACA.

18 de xaneiro – Xeración e maduración das ideas para un proxecto emprendedor no medio rural. Estratexias para levar adiante as túas ideas con éxito

PONENTE: D. Higinio Mougán Bouzón, director-xerente de AGACA.

20 de xaneiro Oportunidades de negocio para o emprendemento no medio rural: 12 exemplos

PONENTE: D. Demetrio Bedriñana Bañico, técnico de AGACA.

25 de xaneiro – A fórmula cooperativa como modelo de emprendemento. A posta en marcha do proxecto. Posibles apoios e axudas públicas iniciais á posta en marcha do proxecto emprendedor

PONENTE: D. Carlos Ares Fernández, técnico de AGACA.

Podes atopar o programa completo aquí.

AGACA organiza esta actividade, que se enmarca na programación 2022 da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Xunta de Galicia para o fomento do cooperativismo e a economía social, que conta con financiamento de Ministerio de Trabajo y Economía Social.

27/12/2021