ACTIVIDADES

Setembro 2021

REVISTA AGACA

  • Cooperación Galega Nº 154 Agosto 2021

    — Editorial: Un mundo en constante cambio
    — A Fondo: XXXIII Asemblea Xeral AGACA
    — Caderno Técnico: Alimentación e composición do leite vacún. Produción ecolóxica vs. tradicional

    Ver Online Ver Todas Hemeroteca
  • Este encontro está destinado a persoas con interese en iniciar unha actividade económica no sector do té galego.
  • A formación, gratuíta, impartiráse online en horario de 10:00 a 14:00h, o 16 de marzo.
  • As personas interesadas poden inscribirse nesta ligazón: bit.ly/meeting-te

A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA) organiza, nol marco de Rede Esumo, un ciclo de encontros formativos destinados a promover, facilitar e posibilitar o emprendemento de proxectos cooperativos en ámbitos agroalimentarios considerados como oportunidades de negocio.

Neste encontro, con exposicións a cargo de persoal técnico de AGACA e de especialistas no sector, explicaranse as ventaxes e oporunidades de emprender no sector da produción de té galego (Camelia sinensis).

Programa:

10:00h – Presentación de obxectivos e materiais dispoñibles.

10:30h – Habilidades emprendedoras en cooperativismo e proceso de acompañamento a persoas emprendedoras.

11:15 – Presentación da oportunidade de negocio no sector primario: Producción de té galego (Camelia sinensis).

12:00h – Experiencias produtivas, comentarios e aclaraciones, a cargo de especialistas en produción de té.

12:45h – Clases de cooperativas e principais axudas públicas de interese.

13:30h – Rolda de preguntas e suxestións.

14:00h – Peche do Meeting.

 

AGACA organiza esta actividade, que se enmarca na programación 2021 da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Xunta de Galicia para o fomento do cooperativismo e a economía social, que conta con financiamento do Ministerio de Traballo e Economía Social.

Ver/descargar programa completo aquí


22/02/2021