ACTIVIDADES

Xullo 2021

REVISTA AGACA

  • Cooperación Galega Nº 153 Maio 2021

    — Editorial: Manifestación de interese
    — A Fondo: Está Galicia promovendo efectivamente a integración das cooperativas galegas?
    — Caderno Técnico: – O uso do bagazo de cervexa nas explotacións leiteiras / – Recuperar trigo autóctono para a IXP Pan Galego

    Ver Online Ver Todas Hemeroteca
  • As modificacións, que responden a propostas das cooperativas de AGACA, afectan ao modo de celebración de Asembleas Xerais: telematica, presencialmente ou mixtas, mediante representación e con excepcionalidade de quorum.
  • O prazo de celebración de asembleas aprazadas esténdese ao 31/12/2021.

A lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia, regula a forma e circunstancias nas que deben ter lugar as reunións da Asemblea Xeral das cooperativas da Comunidade Autónoma. En 2020, debido á situación sanitaria provocada pola covid-19, a celebración destas Asembleas de xeito presencial foi imposible, tanto pola declaración do Estado de Alarma (en vigor dende marzo ata xuño) como por outras circunstancias.

A nivel estatal, para facilitar a celebración de Asembleas de xeito virtual, publicouse numerosa lexislación: o Real decreto-lei 8/2020, do 17 de marzo, de medidas urxentes extraordinarias para facer fronte ao impacto económico e social do COVID-19, o Real Decreto-ley 19/2020, de 26 de mayo, por el que se adoptan medidas complementarias en materia agraria, científica, económica, de empleo y Seguridad Social y tributarias para paliar los efectos del COVID-19, vixente ata o 31/10/2020, así coma o Real Decreto-ley 34/2020, de 17 de noviembre, de medidas urgentes de apoyo a la solvencia empresarial y al sector energético, y en materia tributaria.

Se ben estes textos serviron parcialmente o seu propósito durante o seu tempo en vigor, a realidade das cooperativas galegas –ubicadas en zonas de baixa conectividade á Internet, con persoas socias sen medios axeitados para acceder a Asembleas virtuais etc.— require medidas específicas.

AGACA estivo en comunicación constante coa Administración autonómica durante 2020, trasladándolle as necesidades das cooperativas e as propostas para acadar un marco legal que as asegure.

Así, hoxe aparece publicada no DOG a Lei 4/2021, do 28 de xaneiro, de medidas fiscais e administrativas.

Satisfácenos dicir que,  no artigo 26 desta Lei, abórdanse as modificacións reclamadas por AGACA, que prouxemos e comentamos coas cooperativas socias durante os inicios da pandemia:

• Posibilidade de asembleas telemáticas e mixtas (presencial e telemáticas) e o exercicio do voto nas mesmas.
• A representación e/ou delegación entre os socios.
• Posibilidade de asembleas de delegados.
• Excepcionalidade de quórum en segunda convocatoria ata o 31 de decembro de 2021.
• => As asembleas que tiñan que celebrarse despois do 14 de marzo de 2020, teñen de prazo ata 31 de decembro de 2021. Consecuente prórroga de cargos ata o 31 de decembro de 2021.

Lei 4/2021, de medidas fiscais e administrativas: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210129/AnuncioC3B0-270121-2_gl.html

29/01/2021