ACTIVIDADES

Setembro 2020

REVISTA AGACA

  • Cooperación Galega Nº 149 Agosto 2020

    — Editorial: Acontecementos que marcan o futuro do AGRO
    — Especial: PAC
    — Caderno Técnico: Oportunidades de negocio no rural. III.

    Ver Online Ver Todas Hemeroteca
  • A Fundación Terra de Trasancos recibiu onte a estudantes do CFEA de Sergude nunha xornada de divulgación da economía social.
  • A actividade forma parte da Rede Eusumo para impulsar o cooperativismo e a economía social.

20190925_Eusumo_cfea-sergude_Trasancos_webO alumnado do CFEA de Sergude (Boqueixón) participou onte nun obradoiro de “Divulgación do emprendemento de experiencias cooperativas como modelo de éxito” na Fundación Terra de Trasancos (Narón). O obxectivo é dar a coñecer o cooperativismo entre o alumnado, para que o teñan en consideración como opción de emprego ao finalizar os seus estudos

Os 30 estudantes procedían dun ciclo medio de produción agropecuaria, outro de conservación do medio natural e un ciclo superior de gandería e sanidade animal.

Persoal da Fundación guiou ao alumnado para mostrar o funcionamento diario dunha entidade que traballa no ámbito da economía social e que conta con sección de viveiro, supermercado e tenda agraria e ofrece servizos ás persoas socias coma actividades para terceira idade ou sección de crédito.

Rede Eusumo

Esta actividade enmárcase na programación da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego da Xunta de Galicia para o fomento do cooperativismo e a economía social que conta co financiamento do Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social.

2018_logos_eusumo

26/09/2019