ACTIVIDADES

Novembro 2020

REVISTA AGACA

  • Cooperación Galega Nº 150 Outubro 2020

    — Editorial: 30 anos de Cooperación Galega
    — A fondo: Entrevista Manuel Gómez-Franqueira, presidente Grupo COREN
    — Caderno Técnico: A pegada de carbono é maior nas granxas de intensivo de leite?

    Ver Online Ver Todas Hemeroteca
  • Un grupo de persoas socias da cooperativa Terras do Miño participou estamañá nun dos Obradoiros de Comunicación que organiza AGACA no marco da Rede Eusumo.
  • O obxectivo é lograr maior efectividade e produtividade no traballo a través da mellora nos procesos comunicativos.

20170829_eusumo_comunicacion_terras-marinaA cooperativa Terras do Miño (Bretoña, A Pastoriza) acolleu esa mañá un dos obradoiros do ciclo sobre “Comunicación nas cooperativas” organizado pola Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA) dentro da Rede Eusumo para a promoción da economía social  e o emprendemento.

O obxectivo da actividade, na que participaron persoas vinculadas ao traballo diario e a administración da cooperativa, é mostrar a importancia da comunicación nas relacións laborais e expoñer maneiras de mellorar os procesos de transmisión de información na cooperativa para contribuír a que logre os seus obxectivos sociais e de negocio.

Cuestións como as linguaxes verbal e non verbal, a expresión corporal, a escoita activa ou a influencia do estado de ánimo do comunicador na súa mensaxe abriron a xornada, impartida por unha técnica de Agaca especializada en coaching.

Mostrou ademais modos de lograr un clima de empatía no proceso comunicativo, para que falantes e oíntes se comprendan efectivamente, así como diversos métodos para falar en público.

Rede Eusumo

Asesoramento, orientación, formación, acompañamento nas iniciativas empresariais, apoio á internacionalización, celebración de encontros internacionais e transfronteirizos, intercambio comercial e cooperación transversal definen a rede transversal de colaboración Eusumo, nacida no 2011 co impulso da Consellería de Economía, Emprego e Industria.

29/08/2017