ACTIVIDADES

Outubro 2020

REVISTA AGACA

  • Cooperación Galega Nº 149 Agosto 2020

    — Editorial: Acontecementos que marcan o futuro do AGRO
    — Especial: PAC
    — Caderno Técnico: Oportunidades de negocio no rural. III.

    Ver Online Ver Todas Hemeroteca

O venres, 2 de setembro, terá lugar a presentación do proxecto internacional AGROSMARTcoop.na localidade portuguesa de Póvoa do Varzim, no marco da Agrosemana-Feira Agrícola do Norte.

Representantes de AGACA, entidade líder do proxecto, desprazaranse ata alí para dar a coñecer a iniciativa e a súa futura incidencia no rural de certas zonas do Sudoeste de Europa: Norte de Portugal; Aquitania (Francia)e Castela A-Mancha, Estremadura, Galicia e País Vasco (España).

A duración do proxecto, que comezou o día 1 de xullo estenderase ata o 30 de xuño de 2018. Serán dous anos nos que se traballará por crear un espazo común de promoción e interacción a través de estruturas e ferramentas de apoio ás cooperativas agroalimentarias co obxecto de acadar unha maior competitividade e mitigar as desvantaxes das zonas rurais.

Interacción, tecnoloxía, comercialización intelixente, innovación sostible e alianzas estratéxicas entre diferentes zonas de Europa, son os puntos clave desta iniciativa  europea cofinanciada polo programa Interreg Sudoe 2014-2020, e que conta cun orzamento de 1.295.000€.

A presentación de AGROSMARTcoop en Galicia está prevista para o día 6 de setembro, en Santiago de Compostela.