— Premios desarrollo rural, AGADER. Hasta 12 julio.
Información de la ayuda
Derogada / Fuera de plazo- Web: https://www.xunta.ga...
- Comienzo: 06/13/2017
- Fin: 07/12/2017
- Descarga:
RESUMEN ELABORADO POR
Puede consultar/descargar este resumen de la Resolución en «Documentación»(formato PDF, gallego) y la Resolución completa en español en el enlace «Web»
— RESOLUCIÓN do 1 de xuño de 2017 pola que se convoca a oitava edición dos premios Agader ás iniciativas de desenvolvemento rural. AGADER. DOG Nº 110, (12/06/2017)
OBXECTO
-
1. Convocar para o ano 2017, en réxime de concorrencia competitiva, a oitava edición dos premios Agader ás iniciativas de desenvolvemento rural. Os premios que se convocan son os seguintes:
– O primeiro premio constará dun diploma e unha dotación en metálico de 25.000 euros.
– O segundo premio constará dun diploma e unha dotación en metálico de 15.000 euros.
– O terceiro premio constará dun diploma e unha dotación en metálico de 12.000 euros.
– O cuarto premio constará dun diploma e unha dotación en metálico de 8.000 euros.
– O quinto premio constará dun diploma e unha dotación en metálico de 5.000 euros.
– O premio especial para mozos e/ou mozas constará dun diploma e unha dotación en metálico de 15.000 euros. Para estes efectos, terán a consideración de mozos ou mozas os que non teñan máis de corenta anos na data en que finalice o prazo para presentar a candidatura ou, no caso de persoas xurídicas, cando polo menos o 25 % dos seus membros cumpran este requisito.
PERSOAS DESTINATARIAS
Poderán presentar candidaturas aos premios Agader ás iniciativas de desenvolvemento rural as persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas.
INICIATIVAS QUE PODEN SER PREMIADAS
- Nos termos desta resolución poderanse conceder os premios ás iniciativas que cumpran os seguintes requisitos:
– Que se localicen no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.
– Que contribúan de xeito singular a promocionar o medio rural e a xerar unha sociedade rural máis dinámica e cohesionada.
– Que estean executadas con carácter previo á data de publicación da convocatoria.
- Exclúense destes premios as iniciativas:
– Que obtivesen premio nalgunha das anteriores edicións dos premios Agader ás iniciativas de desenvolvemento rural ou do premio Agader ao embelecemento do medio rural.
– Que se encontren en fase de deseño ou execución na data de publicación da convocatoria dos premios
CRITERIOS DE VALORACIÓN
Os premios outorgaranse ás iniciativas que se adecuen aos requisitos exixidos nestas bases, conforme os seguintes criterios de valoración:
- 1. Contribución da iniciativa á actividade económica do territorio en que se desenvolve (máximo 15 puntos).
- 2. Grao de contribución á creación de emprego (máximo 15 puntos).
- 3. Grao de sustentabilidade da iniciativa desde o punto de vista económico, ambiental e sociocultural (máximo 10 puntos).
- 4. Contribución á incorporación e inserción laboral da muller (máximo 10 puntos).
- 5. Grao de consolidación da iniciativa (máximo 10 puntos).
- 6. Grao de innovación, excelencia e orixinalidade (máximo 10 puntos).
- 7. Grao de contribución á inserción de colectivos ou persoas socialmente desfavorecidas (máximo 10 puntos).
- 8. Grao de implicación en políticas de igualdade (máximo 10 puntos).
- 9. Grao de apoio social (máximo 10 puntos).
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
O prazo de presentación de solicitudes remata o 12 de xullo de 2017.