— Ayudas correspondientes al Programa estatal de ayudas para la realización de actuaciones de eficiencia energética en explotaciones agropecuarias

Agaca
Por Agaca junio 17, 2021 12:16

Información de la ayuda

Activa
  • Descarga:

RESUMEN ELABORADO PORAgaca

Puede consultar/descargar este resumen de la Resolución y la Resolución completa en español el enlace «Web»

RESOLUCIÓN do 2 de xuño de 2021 pola que se aproba a convocatoria do  procedemento de concesión de axudas correspondentes ao Programa estatal de  axudas para a realización de actuacións de eficiencia enerxética en explotacións  agropecuarias. Axencia Instituto Enerxético De Galicia. DOG Nº 112, 15/06/2021

CONVOCATORIA
A presente resolución ten por obxecto aprobar a convocatoria de axudas correspondente á  anualidade 2021 para a concesión de axudas correspondentes ao Programa estatal de axudas  para a realización de actuacións de eficiencia enerxética en explotacións agropecuarias, de  acordo coas bases reguladoras previstas no Real decreto 149/2021, do 9 de marzo, polo que se  regula o Programa de axudas para a realización de actuacións de eficiencia enerxética en  explotacións agropecuarias, publicado no BOE núm. 59, do 10 de marzo de 2021. 

BENEFICIARIOS

  1. Serán beneficiarios os suxeitos que se enumeran no artigo 11.1 das bases reguladoras, sempre  que teñan a súa residencia fiscal ou un establecemento permanente no territorio da Comunidade  Autónoma de Galicia. En concreto, os seguintes: 
  2. a) Persoas físicas ou xurídicas de natureza privada ou pública titulares dunha explotación  agropecuaria
  3. b) Comunidades de regadores e outras organizacións cuxo fin consista na xestión común de auga  para a rega agrícola ou a xestión común doutros combustibles e fontes de enerxía para fin  agropecuario.  
  4. c) Titulares de explotacións agrícolas de regadío que utilicen redes de rega para cuxo funcionamento  sexa necesario actualmente o consumo de enerxía eléctrica.  
  5. d) Calquera organización ou asociación de produtores agrícolas recoñecida pola autoridade  competente.  
  6. e) As comunidades de enerxías renovables e as comunidades cidadás de enerxía, segundo a  definición da Directiva 2018/2001 do Parlamento Europeo e do Consello, do 11 de decembro de  2018.  
  7. f) As empresas de servizos enerxéticos (ESE) ou provedores de servizos enerxéticos definidas no  Real decreto 56/2016. Para os efectos desta convocatoria, considéranse explotacións agropecuarias  aquelas cuxas actividades están incluídas no CNAE 2009 entre as clases 01.11 e 01.64. 

PROXECTOS QUE SE SUBVENCIONAN E CONDICIÓNS DOS PROXECTOS

  1. Poderán obter dereito a subvención aquelas actuacións que cumpran o establecido no artigo 13 do  Real decreto 149/2021 polo que se regula o presente programa e se desenvolvan no territorio da  Comunidade Autónoma de Galicia.  

En concreto as seguintes:  

– Actuación 1: mellora da eficiencia enerxética das explotacións de regadío.

– Actuación 2: mellora da eficiencia enerxética e utilización de enerxías renovables en explotacións  agropecuarias 

O investimento mínimo para que a actuación sexa subvencionable debe ser de 5.000 euros por  actuación, IVE non incluído. 

Cada solicitante poderá presentar un máximo dunha solicitude da actuación 1 e outra da actuación 2  por localización. Cada solicitude pode incluír unha ou varias das tipoloxías de proxectos definidos no  Real decreto 149/2021 pero sen mesturar os recollidos na epígrafe correspondente á actuación 1 cos  da epígrafe correspondente á actuación 2.  

Serán elixibles os custos de investimento adicionais necesarios para lograr un nivel máis elevado de  eficiencia enerxética. 

CONTÍA DA AXUDA

  1. A contía da subvención será a mínima entre as tres seguintes cantidades:  
  2. a) O 30 % do custo elixible definido no artigo 14 do Real decreto 149/2021.  
  3. b) O 35 % do custo subvencionable da actuación. Esta intensidade da axuda incrementarase un 20  % no caso de axudas concedidas a pequenas empresas e un 10 % no caso de medianas empresas.  O custo subvencionable resulta de restar ao custo elixible o investimento de referencia segundo o  indicado no artigo anterior. Esta alínea b) será aplicable só cando o solicitante sexa unha empresa ou  desenvolva unha actividade comercial ou mercantil.  
  4. c) Con carácter xeral, establécese unha axuda máxima por proxecto de 1.000.000,00 de euros. 
  5. En ningún caso o custo de adquisición dos gastos subvencionables poderá ser superior ao valor  do mercado. 

PRAZO DE PESENTACIÓN

  1. O prazo de presentación de solicitudes comezará ás 9.00 horas do 22 de xuño de 2021 e  rematará o 31 de decembro de 2021, data de finalización da vixencia do programa establecida no  artigo 4 do Real decreto 149/2021.