— Ayudas a comercialización y transformación. Hasta 07/03/2022.

Agaca
Por Agaca febrero 9, 2022 15:40

Información de la ayuda

Derogada / Fuera de plazo

RESUMEN ELABORADO PORAgaca

Puede consultar/descargar este resumen de la Orden en gallego en «Documentación» y la Orden completa en el enlace «Web»

ORDE de 30 de diciembre de 2021 por la que se establecen las bases reguladoras de las ayudas para las inversiones en transformación y comercialización de productos agrarios del período 2014-2020 cofinanciadas por el Fondo Europeo Agrícola de Desarrollo Rural (Feader), y se convocan para el ejercicio presupuestario de 2022. Consellería do Medio Rural. (DOG Nº 25, 07/02/2022). 

OBJETO

Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras das axudas da Consellería do Medio Rural para os investimentos en transformación, comercialización e/ou desenvolvemento de produtos agrícolas, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), e convocar as correspondentes ao exercicio orzamentario de 2022.

A concesión destas axudas efectuarase mediante concorrencia competitiva.

BENEFICIARIOS

Poderán acollerse a estas axudas os empresarios individuais ou sociedades que sexan ou vaian ser titulares de instalacións obxecto da axuda dedicadas á transformación e/ou comercialización de produtos do anexo I do Tratado constitutivo da Comunidade Europea, e sobre as cales recaia a carga financeira dos investimentos e gastos que se consideren incentivables.

INVERSIONES SUBVENCIONABLES

1. Considéranse subvencionables, con carácter xeral, os investimentos en activos fixos materiais para a creación, ampliación e modernización das instalacións situadas en Gali cia destinadas á transformación e/ou comercialización de produtos agrarios, considerando como tales os produtos enumerados no anexo I do Tratado constitutivo da Comunidade Europea, excepto os produtos da pesca. Así mesmo, poderán subvencionarse investimentos relativos a procesos de transformación nos cales interveñan produtos non incluídos no anexo I do Tratado, se estes son un compoñente menor do produto final. Considerarase que son un compoñente menor cando a cantidade ou valor económico total deles non supere o 25 % do peso ou valor económico total do produto final.

2. Os produtos resultantes dos procesos de transformación e/ou comercialización poderán ser produtos agrarios (incluídos no anexo I do Tratado) ou non agrarios (non incluídos no anexo I do Tratado). Para estes efectos considerarase que os produtos resultantes dos procesos de transformación e/ou comercialización son produtos agrarios cando a súa totalidade estea incluídas no anexo I do Tratado.

3. Non obstante, non serán subvencionables:

a) Os proxectos en que o importe total dos investimentos subvencionables sexa inferior a 60.000 €.

b) No sector vitivinícola os investimentos relativos aos produtos descritos na parte XII do anexo I do Regulamento UE nº 1308/2013 do Parlamento e do Consello, do 17 de decembro, relativo aos produtos amparados polos programas de apoio no sector vitivinícola, xa que poden ser subvencionados a través deses programas específicos.

4. Os tipos de gasto subvencionables son os seguintes :

a) Construción, adquisición e mellora de bens inmobles. A compra de terreos ata un valor inferior ao 10 % do total dos gastos subvencionables.

b) Compra de maquinaria e equipamentos novos, ata o seu valor de mercado.

c) Os seguintes investimentos intanxibles: adquisición ou desenvolvemento de programas informáticos así como adquisicións de patentes, licenzas, dereitos de autor e marcas rexistradas relacionadas cos procesos produtivos.

d) Os custos xerais vinculados as letras a) e b) anteriores consistentes en honorarios de proxecto e dirección de obra, así como en estudos de viabilidade. En todo caso, o importe admisible nestes custos non poderá superar o 12 % do importe total dos investimentos subvencionables das letras a), b) e c) anteriores.

e) Garantias para prestamos. Estas axudas consistirán en garantías do 80 % do risco inherente a cada préstamo formalizado destinado a financiar os proxectos de investimento, determinado conforme as condicións establecidas.

As características dos préstamos garantidos establécense no Convenio entre o MAPA, a través da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, Innovación e Formación Agroalimentaria, e as entidades financeiras para facilitar os préstamos garantidos polo instrumento financeiro de xestión centralizada (IFXC), sendo amparables por esta orde exclusivamente os correspondentes a unha duración total de ata 15 anos con tres (3) como máximo de carencia dentro dos incluídos no referido convenio. Conforme este convenio, o tipo de xuro preferente a que se formalizarán os préstamos será o resultado de sumar ao euríbor a un ano, correspondente ao segundo mes anterior ao de formalización do préstamo, un diferencial de dous puntos, redondeado o resultado a tres decimais. Se para determinar o xuro de formalización do préstamo conforme o sinalado anterioriormente, o tipo de xuro de referencia euríbor que proceda presentase un valor negativo, considerarase que o devandito valor é cero, valor ao cal se sumará o diferencial de puntos pactado e, por tanto, o tipo de xuro aplicable será o diferencial pactado.

O importe por beneficiario do préstamo ou prestamos garantidos non poderá superar o 80 % do importe total dos investimentos incentivables admisibles presentados pola empresa, sen que supere, en todo caso, o importe de tres millóns de euros.

Para o recoñecemento do dereito a estes préstamos garantidos é necesario dispoñer previamente dun informe favorable de solvencia crediticia da Sociedade Anónima Estatal de Caución Agraria, (SAECA).

5. Non serán, porén, obxecto de axuda os investimentos relativos aos conceptos e actividades sinalados no anexo I desta orde.

CUANTÍA DE LAS AYUDAS

Los porcentajes máximos de ayudas serán los siguientes:

Tipos de produtos finais Tipo de empresa solicitante
Microempresas e pequenas empresa Empresas medianas Empresas non pemes
Incluídos na súa totalidade no anexo I do Tratado 50% 50% 50%
Non incluídos na súa totalidade no anexo I do Tratado 30% 20% 10%

 
PLAZO DE SOLICITUD

El plazo termina el próximo 7 de marzo de 2022.