Xornadas en Rodeiro e Lalín para mellorar o sector lácteo no rural mediante o cooperativismo

Agaca
Por Agaca Setembro 15, 2017 11:12

ACTIVIDADES

Novembro 2019

REVISTA AGACA

  • 145 portada

    Coperación Galega 145 Outubro 2019

    Editorial: «Comprometidos, non privilexiados»
    A fondo: Entrevista a Rafael Prieto, director xeral de Clun: «Case é imprescindible ter unha industria láctea cooperativa forte»
    Caderno Técnico: A innovación agroforestal en Galicia

    Ver Online Ver Todas Hemeroteca
  • O día 18 en Rodeiro e o 19 en Lalín desenvolveranse xornadas para mostrar o potencial do cooperativismo para fixar riqueza no medio rural, así como para mellorar o rendemento das explotacións lácteas.
  • A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA) organiza as iniciativas a través da Rede Eusumo para o fomento do cooperativismo e a economía social.

As xornadas “O sector lácteo cooperativo como ferramenta para fixar riqueza no rural” teñen como obxectivo mostrar a capacidade deste modelo de negocio para garantir a riqueza social e medioambiental do medio rural ademáis de pautas para crear empresas cooperativas nestas zonas.

Ademais, trataranse cuestións máis directamente relacionadas coa xestión de explotacións como poden ser o manexo dos pastos, o protocolo Welfare Quality de benestar animal, a eficiencia enerxética ou o emprego responsable do uso de antibióticos, a cargo de persoas expertas nas materias.

Rede Eusumo

wb_logo_rede_eusumoAsesoramento, orientación, formación, acompañamento nas iniciativas empresariais, apoio á internacionalización, celebración de encontros internacionais e transfronteirizos, intercambio comercial e cooperación transversal definen a rede transversal de colaboración Eusumo, nacida no 2011 co impulso da Consellería de Economía, Emprego e Industria.

 

Luns, 18 setembro – Rodeiro

Lugar: Auditorio do Centro Cultural Municipal, Concello de Rodeiro (Pontevedra)

Horario:10:00 – 14:00 horas.

Martes, 19 setembro – Lalín

Lugar: Salón de Actos do Edificio de Usos Múltiples, Polígono Lalín 2000 (Antigua UNED), Lalín (Pontevedra)

Horario: 10:00 –  14:00 horas.

 

15/09/2017

Agaca
Por Agaca Setembro 15, 2017 11:12
Escriba un comentario

Non existen comentarios

Aún no hay comentarios.

Podes ser o primeiro en comentar esta entrada

Escriba un comentario
Ver comentarios

Escriba un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicado.
Los campos obligatorios están marcados*