Xornada sobre o Seguro Agrario para Vacún o próximo 19 de setembro na A Pastoriza, Lugo

Agaca
Por Agaca Setembro 15, 2017 15:10

ACTIVIDADES

Novembro 2019

REVISTA AGACA

  • 145 portada

    Coperación Galega 145 Outubro 2019

    Editorial: «Comprometidos, non privilexiados»
    A fondo: Entrevista a Rafael Prieto, director xeral de Clun: «Case é imprescindible ter unha industria láctea cooperativa forte»
    Caderno Técnico: A innovación agroforestal en Galicia

    Ver Online Ver Todas Hemeroteca

A Asociación Galega de Cooperativas Agrarias, AGACA, coa colaboración de Agroseguro e o patrocino de ENESA, convocou unha Xornada sobre o Seguro Agrario para Explotacións de Vacún, tanto para reprodución como para produción (liña L-401) que terá lugar o próximo día 19 de setembro na sede da Cooperativa de O Xeixo (na Rigueira – A Pastoriza – Lugo). O obxectivo da xornada é dar a coñecer esta liña de aseguramento, incluída no Plan de Seguros Agrarios 2017, aos cooperativistas asistentes.

Ademais, a xornada tratará de resolver as dúbidas e preguntas que xurdan aos gandeiros asistentes e canalizar os seus posibles propostas de mellora. Entre os expertos que participan na xornada está Ramón Martín, de Agroseguro, que se centrará en explicar as novidades deste tipo de seguro, as súas indemnizacións, coberturas etc. e casos prácticos, e Iván Novo, xerente de UCOGA -área de Seguros de AGACA-, ademais do director-xerente de AGACA, Higinio Mougán.

Descargar Programa da Xornada

Un sistema interrelacionado
O modelo español de Seguros Agrarios, cuxo principal obxectivo é contribuír eficazmente á estabilidade das rendas das explotacións agropecuarias protexéndoas fronte ás adversidades climáticas e outros riscos, responde a un esquema complexo no que intervén o Ministerio de Agricultura, o Ministerio de Economía, as Comunidades Autónomas, os agricultores e gandeiros, as Cooperativas e as Entidades Aseguradoras. Todas e cada unha das partes integrantes do sistema reúnense na Comisión Xeral da Entidade Estatal de Seguros Agrarios (ENESA), que é o Organismo Autónomo, creado pola Lei 87/1978, do 28 de decembro, adscrito ao MAPAMA

O bo funcionamento deste sistema depende, principalmente, de que se transmitan correctamente as necesidades dos agricultores e gandeiros ata a Comisión Xeral de ENESA e que as posibles solucións que se propoñan cheguen dende esta a os usuarios do seguro.

Para cumprir con este obxectivo, Cooperativas Agro-alimentarias de España e as súas distintas federacións rexionais, neste caso AGACA, organiza esta xornada co obxecto de informar da situación actual do seguro agrario e das novidades máis destacadas, con especial referencia ás liñas que máis poden interesar aos agricultores e gandeiros da zona.

O sistema de seguro agrario debe converterse nunha das bases da política agraria do futuro. Un dos seus obxectivos é contribuír, na medida do posible, á estabilidade das rendas das explotacións agropecuarias, protexéndoas ante as diferentes adversidades climáticas e outros riscos a un custo asumible por parte do agricultor.

PPor iso, desde AGACA e Cooperativas Agro-alimentarias de España e lembramos aos agricultores e gandeiros a conveniencia de contar cun Seguro Agrario para as súas explotacións, ante as extremas e moi variables condicións meteorolóxicas que se están producindo e os seus prexudiciais efectos para as súas producións.

Agaca
Por Agaca Setembro 15, 2017 15:10
Escriba un comentario

Non existen comentarios

Aún no hay comentarios.

Podes ser o primeiro en comentar esta entrada

Escriba un comentario
Ver comentarios

Escriba un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicado.
Los campos obligatorios están marcados*