Xornada portas abertas no cooperativismo

Agaca
Por Agaca Xuño 23, 2017 14:30

Xornada portas abertas no cooperativismo

Nota da Secretaría X. Emprego

Este ano en Galicia queremos abrirlle novamente as portas ao cooperativismo. Para iso propoñémosvos a todas as cooperativas galegas que o venres 30 de xuño, durante a xornada anterior ao Día Internacional do Cooperativismo, abrades as portas dos vosos locais a quen queira visitarvos. Con esta iniciativa queremos que se visibilice o voso traballo e tamén dar a coñecer este modelo empresarial co que día a día axudades a promover valores cooperativos en Galicia.

Por iso convidámosvos a participar nesta xornada e así, entre todas, reforzar e amosar o forte tecido do cooperativismo galego.

Dende a Secretaría Xeral de Emprego  traballaremos para a difusión desta campaña para dar a coñecer a importancia do labor que desenvolve o sector cooperativista en Galicia. Mais, como sempre, cantas máis sexamos máis visibilidade conseguiremos!

Como participar?

É moi sinxelo. Simplemente debedes responder a este correo indicándonos o nome da vosa cooperativa.

Unha vez feito isto só tedes que comunicar ao público que o día 30 estades de portas abertas a través dos medios que consideredes oportunos. Para facilitar isto axuntamos á mensaxe imaxes para que poidades empregar como capa das vosas redes sociais.

Dúbidas
Se precisades máis información podedes facer as vosas preguntas nesta mesma dirección ou ben chamar ao teléfono 690701377.

Como podedes ver no vídeo, xa temos as primeiras adhesións.

 

Apuntádevos tamén a participar nesta xornada de celebración!

www.cooperativismogalego.com

Agaca
Por Agaca Xuño 23, 2017 14:30
Escriba un comentario

Non existen comentarios

Aún no hay comentarios.

Podes ser o primeiro en comentar esta entrada

Escriba un comentario
Ver comentarios

Escriba un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicado.
Los campos obligatorios están marcados*