Xornada divulgativa para escolares sobre economía social e sector lácteo en Melide

Agaca
Por Agaca Maio 8, 2018 14:00

ACTIVIDADES

Agosto 2018

REVISTA AGACA

  • 138 portada

    Cooperación Galega Nº 138 Maio 2018

    Cooperación Galega nº 138 -Mayo 2018 Editorial 3 Conversar e converxer en alianzas A fondo 6 As cooperativas xa poden competir coas grandes empresas polos contratos públicos Tendencias 10 Entrevista.

    Ver Online Ver Todas Hemeroteca
  • O alumnado de sexto de primaria do colexio compostelán Ramón Cabanillas viaxou ata Melide para aprender sobre cooperativismo en Dairylac.
  • A actividade é parte da Rede Eusumo para o fomento do Cooperativismo e a Economía Social.


A planta láctea de Dairylac, en Melide, recibiu esta mañá a 40 estudantes de sexto de primaria do colexio Ramón Cabanillas, de Santiago de Compostela, que participaron nun obradoiro de divulgación da economía social e o cooperativismo, organizado pola Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA).

Entre as vantaxes do modelo cooperativo destacáronse a toma democrática de decisións, o reparto equitativo de beneficios, así como a súa capacidade para manterse como opción de emprego estable e rendible.

Ademais, o alumnado percorreu as instalacións de Dairylac, un proxecto empresarial liderado por cooperativas e dedicado ao sector lácteo, para ver a loxística da fábrica, como se trata o leite para facelo apto para o consumo e como se producen os diferentes tipos queixo, que puideron probar.

Rede Eusumo

wb_logo_rede_eusumoEsta actividade enmárcase no programa de actuación 2018 da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego da Xunta de Galicia para o fomento do cooperativismo e a economía social que conta co financiamento do Ministerio de Empleo y Seguridad Social.

 

08/05/2018

Agaca
Por Agaca Maio 8, 2018 14:00
Escriba un comentario

Non existen comentarios

Aún no hay comentarios.

Podes ser o primeiro en comentar esta entrada

Escriba un comentario
Ver comentarios

Escriba un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicado.
Los campos obligatorios están marcados*