Cooperativas galegas participarán en Xantar 2016

Agaca
Por Agaca Xaneiro 21, 2016 17:54

ACTIVIDADES

Marzo 2020

REVISTA AGACA

  • 146-portada-revista-wb

    Cooperación Galega Nº 146 Decembro 2019

    Editorial: Sustentabilidade de cooperativas
    A fondo: AGROSMARTglobal para vender en China e Estados Unidos
    Caderno Técnico: Oportunidades de negocio no sector primario (parte II)

    Ver Online Ver Todas Hemeroteca
  • A única feira internacional de tursimo gastronómico de España terá lugar entre o 3 e o 7 de febreiro en Ourense
  • O Consello Galego de Cooperativas habilitará un stand no que se integrarán gran parte das cooperativas agroalimentarias galegas

En breve, Xantar, Salón Internacional de Turismo Gastronómico abrirá as súas portas; durante cinco días, empresa e entidades vinculadas ao sector da alimentación enlazarán a promoción de gastronomía e turismo.

“Xantar 2016” posiciona a gastronomía como motivación turística de primeiro nivel e ofrece ao visitante a posibilidade de asomarse a sabores de España, Portugal e México, país invitado deste ano, a través do Estado de Morelos.

É o terceiro a no que esta cita recibe o selo “Feira Comercial Internacional”, outorgado polo Ministerio de Economía e Competitividade, algo que a consolida como o único salón internacional especializado na promoción da gastronomía a través do turismo.

Nava Castro, directora de Turismo de Galicia, indicou na presentación que “Xantar 2016” é un magnífico escaparate do enorme potencial da gastronomía galega”. Destacou que “a gastronomía é xa unha fortaleza turística de Ourense, como é o termalismo ou o patrimonio”.

Imprimir


Entroido e profesionalización

O entroido será un fío condutor do “Xantar 2016”, a través de showcookings, desfiles, actividades de animación etc.

O programa de actividades de “Xantar 2016” incluirá tanto conferencias de expertos como exhibicións de cociña en directo, ademais de catas comentadas e degustacións incluídas no chamado “Encontro Ibérico sobre Dieta e Saúde” que afronta xa a súa 11ª edición. En total, máis de 100 actividades orientadas a profesionais e afeccionados. As actividades deste ano terán o obxectivo de apostar pola profesionalización do sector e de poñer en valor as materias primas de calidade como os produtos adscritos ás Denominacións de Orixe ou con Indicación Xeográfica Protexida.

Pode ver a nota de prensa completa (en español) premendo Documentación 1. Máis información en www.xantar.org

Agaca
Por Agaca Xaneiro 21, 2016 17:54
Escriba un comentario

Non existen comentarios

Aún no hay comentarios.

Podes ser o primeiro en comentar esta entrada

Escriba un comentario
Ver comentarios

Escriba un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicado.
Los campos obligatorios están marcados*