WeFarm4 EU – Os agricultores e as cooperativas agroalimentarias de Europa participan no debate sobre as eleccións europeas

Agaca
Por Agaca Maio 8, 2019 14:04

ACTIVIDADES

Xullo 2019

REVISTA AGACA

  • Cooperación Galega Nº 143 Maio 2019

    Editorial: Asociación “Nós, as mulleres”
    A Fondo: A visibilidade da muller na cooperativa
    Caderno: Efecto do tipo de concentrado na dieta de cebo

    Ver Online Ver Todas Hemeroteca

COMUNICADO DE PRENSA: COPA-COGECA

  • Tres semanas antes das cruciais eleccións europeas, os agricultores e as cooperativas agroalimentarias da UE, representados polo Copa e a Cogeca, lanzan o seu manifesto titulado  WeFarm4 EU co fin de animar a toda a comunidade agrícola europea a aumentar a súa visibilidade e a votar. Nun clima político europeo e internacional tenso, a agricultura é unha solución a moitos retos sociais, políticos, ambientais e económicos clave. Para o Copa e a Cogeca, organizacións con sede en Bruxelas, unha Europa sólida non pode seguir adiante sen unha agricultura sólida.   

logo-copa-cogeca

Pekka Pesonen, Secretario Xeral do Copa e a Cogeca, introduciu o concepto da campaña WeFarm4 EU en Bruxelas o 6 de maio, subliñando que «O próximo ciclo político 2019-2024 ten o potencial de determinar o modelo agrícola europeo para as próximas xeracións. Seguirán debates difíciles sobre a substitución xeracional, a baixa renda agrícola, as futuras prácticas agronómicas, a volatilidade dos mercados e os efectos do cambio climático. Somos conscientes destes retos e estamos dispostos a abordalos e a afrontar os cambios que temos por diante. Durante o últimos sesenta anos, a Política Agrícola Común (PAC) foi o nexo de unión entre o proxecto europeo e a agricultura. O nivel de ambición que mostrarán a futura Comisión e o novo Parlamento cara á agricultura europea será un bo indicador tanto da forza do proxecto europeo como da unidade dos Estados membros.»

WeFarm4EU_Logo_copa-cogeca-eleccions-ue-2019 O manifesto (ver aquí PDF) presentado polo Copa e a Cogeca ilustra o papel central que desempeñan os agricultores e as cooperativas agroalimentarias, as súas ambicións e as medidas necesarias para alcanzar estes obxectivos. Céntrase en catro temas principais: o futuro do sector (WeFarm4 Future), a súa contribución á protección do medio ambiente (WeFarm4 Planet), ao fomento do crecemento económico (WeFarm4 Growth) e ao mantemento da dinámica territorial (WeFarm4 Community).

Proporcionar a uns cincocentos millóns de cidadáns alimentos sans, alcanzables, sustentables e de gran calidade será unha preocupación cada vez maior. Ante o elevado número de agricultores europeos que se xubilarán nos próximos anos, o sector agrícola europeo, agora máis que nunca, debe facerse máis atractivo para os novos integrantes. Para lograr isto, os responsables políticos europeos deben centrarse na mellora da renda agrícola, o cal permitirá tamén aos agricultores cumprir o seu papel como impulsores da absorción do carbono e promotores da bioeconomía na loita contra o cambio climático. Os agricultores, os propietarios forestais e os cooperativas europeos necesitan unha UE que garanta o acceso ás últimas tecnoloxías e os recursos agronómicos baseados na ciencia, así como unha axenda política comercial ambiciosa a nivel europeo, que ofreza novas oportunidades de mercado, especialmente no contexto do Brexit.

Con respecto aos próximos pasos, o Sr. Pesonen dixo que «Pouco despois da súa elección, os futuros europarlamentarios e comisarios terán que traballar en políticas que sexan fundamentais para o futuro da agricultura e que vaian máis lonxe que a PAC. Está claro da lectura do noso manifesto que a agricultura debería ocupar un lugar central nos múltiples programas políticos da UE, tales como os relativas ao investimento e a competitividade, a  bioeconomía, a investigación e a innovación, ou o comercio futuro. É imperativo que os nosos futuros representantes entendan a importancia e a diversidade da comunidade agrícola europea. Para moitos europarlamentarios a agricultura non forma parte do seu patrimonio familiar. Tendo en conta as críticas repetidas á agricultura e as solucións  simplistas propostas, queda moito por facer despois das eleccións e durante o próximo período lexislativo para explicar e debater as cuestións agrícolas clave. Por esta razón, temos previsto lanzar unha ampla campaña ao redor deste manifesto

PUNTOS CLAVE WeFarm4UE:

O próximo ciclo político 2019-2024 ten o potencial de determinar o modelo agrícola europeo para as próximas xeracións. Xurdirán debates difíciles sobre a substitución xeracional, a baixa renda agrícola, as futuras prácticas agronómicas, a volatilidade dos mercados e os efectos do cambio climático. En tanto que agricultores e cooperativas europeos, somos conscientes destas cuestións complexas e estamos preparados para superalas e para enfrontarnos aos retos que nos esperan. En tanto que agricultores e cooperativas europeos, procuramos ofrecer o tipo de agricultura que os nosos cidadáns esperan e esixen: unha agricultura que nos proporcione unha verdadeira seguridade alimentaria e que cumpra cuns elevados estándares de calidade, benestar, sustentabilidade e protección ambiental. Este é o noso compromiso con Europa!

Por iso, desde o Copa e a Cogeca lanzamos a campaña #WeFarm4EU («labramos o futuro de Europa»), co obxectivo de instar aos actuais representantes políticos e aos futuros para demostrar un auténtico liderado político e apoiar o noso compromiso con Europa. Esperamos dos líderes europeos que ofrezan un marco político co que nutrir o futuro de Europa, sobre a base dos catro alicerces fundamentais da agricultura:

#WeFarm4Future (o futuro): alimentar a 430 millóns de cidadáns con alimentos seguros, alcanzables, sustentables e de alta calidade é un reto diario. Para poder seguir superándoo, o sector agrícola e o sector forestal necesitan unha futura PAC que siga sendo coherente e na que se reduza a carga administrativa. Pedimos aos lexisladores que manteñan, como mínimo, o orzamento do período de planificación previo e que continúen brindando apoio á agricultura europea e promovendo a súa diversidade. Así mesmo, necesitamos unha Unión Europea que garanta unha cadea de subministración alimentaria máis equitativa, que asegure aos agricultores experimentados, así como ás novas incorporacións, un nivel de vida digno.

#WeFarm4Planet (o planeta): ao xestionar máis do 70 % das terras da Unión Europea, os agricultores, propietarios forestais e cooperativas europeos desempeñan un papel líder na consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable. Necesitamos o apoio pleno dunha Unión Europea que nos permita desempeñar o noso rol en tanto que impulsores da absorción de carbono e promotores da  bioeconomía na loita contra o cambio climático. Somos nós os primeiros en notar os efectos do cambio climático. Por iso, instamos as institucións a asegurar a coherencia política tanto dentro como fóra das fronteiras da Unión, fomentando ao mesmo tempo o investimento público e privado en favor da acción polo clima.

#WeFarm4Growth (o crecemento económico): o sector agrícola da Unión Europea procurou emprego a 22 millóns de persoas e xerou aproximadamente 430 000 millóns de euros en 2017. A cambio desta contribución, esperamos que a Unión Europea e os gobernos nacionais brinden ao sector prosperidade, estabilidade a longo prazo e seguridade. O noso sector precisa dunha Unión Europea que posibilite o acceso ás últimas tecnoloxías e recursos agronómicos de base científica e que garanta unha axenda política comercial ambiciosa a nivel europeo, con novas oportunidades de mercado, especialmente no contexto posterior ao brexit.

#WeFarm4Community (a comunidade): as comunidades de agricultores e de propietarios forestais realizan un labor fundamental para manter o dinamismo das zonas rurais. Estamos convencidos de que manter vivas as comunidades agrícolas locais forma parte da solución fronte á crecente división xeográfica entre as cidades e o campo. O desenvolvemento rural é unha política clave que contribúe á viabilidade das nosas zonas rurais e á sustentabilidade do sector agrario a longo prazo. Por conseguinte, esta política ha de estar apoiada por un orzamento europeo forte e por medidas adecuadas dentro da planificación política.

Dende o últimos sesenta anos, a Política Agrícola Común (a PAC) foi o nexo de unión entre o proxecto europeo e a agricultura. Só é posible gozar dunha Europa e unha agricultura sólidas se estas van da man.

Apoia vostede a agricultura da Unión Europea? Séntese orgulloso/a do traballo dos agricultores europeos e da súa contribución á nosa sociedade? Non dubide entón en compartir o seu aprecio nas redes sociais, utilizando o hashtag #WeFarm4EU, e anime aos demais a votar nas eleccións europeas do 24 ao 26 de maio de 2019, engadindo o hashtag #ThisTimeImVoting.

 

 08/05/2019

Agaca
Por Agaca Maio 8, 2019 14:04
Escriba un comentario

Non existen comentarios

Aún no hay comentarios.

Podes ser o primeiro en comentar esta entrada

Escriba un comentario
Ver comentarios

Escriba un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicado.
Los campos obligatorios están marcados*