Webinar, 26 de maio: Infoday sobre a I Convocatoria de consolidación de BFFood – incrición á Convocatoria ata o 08/06/2020

Agaca
Por Agaca Maio 25, 2020 11:05

20200525-bffood-webinar-infoday

Business Factory Food (BFFood), aceleradora do sector alimentario de Galicia impulsada pola Xunta de Galicia e dinamizada polo Clúster Alimentario de Galicia e empresas de referencia na industria alimentaria, presentará o martes 26 de maio nun webinar as novidades que incorporou a súa primeira convocatoria de consolidación con motivo da situación xerada pola COVID-19.

A sesión online contará coa participación de Raquel Lourenço, da aceleradora UnLtd Spain coa que BFFood mantén un acordo de colaboración, que abordará o valor do emprendemento e dos programas de apoio ás startups. Tras ela, realizarase unha mesa redonda para analizar os retos do sector alimentario da man dos mentores de BFFood, Rubén Hidalgo, de CAPSA FOOD (Larsa), Antonio Cortés, de Gadisa.

Ademais, neste webinar dous proxectos da primeira convocatoria de consolidación de BFFood presentarán os seus casos de éxito: Álvaro Dosil, de Alphacloud, e Marcio Barradás, de Essence Food. Tras eles, o responsable de BFFood, Javier A. Osuna, explicará as novidades da convocatoria de consolidación que permanece aberta ata o 8 de xuño ás 14 horas.

INSCRICIÓNS AO WEBINAR: https://forms.gle/5Yp1XxMVpoLzse8S9

 

 

Agaca
Por Agaca Maio 25, 2020 11:05
Escriba un comentario

Non existen comentarios

Aún no hay comentarios.

Podes ser o primeiro en comentar esta entrada

Escriba un comentario
Ver comentarios

Escriba un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicado.
Los campos obligatorios están marcados*