Voltfer e AGACA mostran como aforrar a través das enerxías renovables

Agaca
Por Agaca Novembro 22, 2018 21:00

ACTIVIDADES

Novembro 2019

REVISTA AGACA

  • 145 portada

    Coperación Galega 145 Outubro 2019

    Editorial: «Comprometidos, non privilexiados»
    A fondo: Entrevista a Rafael Prieto, director xeral de Clun: «Case é imprescindible ter unha industria láctea cooperativa forte»
    Caderno Técnico: A innovación agroforestal en Galicia

    Ver Online Ver Todas Hemeroteca

No marco da Xornada “Xera a túa propia enerxía: enerxías renovables no sector agroalimentario”

  • Proxectos reais, instalacións fotovoltaicas e de biogás, o uso da biomasa ou as posibilidades da xeotermia e a aerotermia foron propostas analizadas durante a Xornada.
  • Tamén se debateron as tendencias de futuro en renovables no ámbito agroalimentario.

20181122_xornada-enerxias-renovables_Voltfer-mario_fernandez-wbHoxe tivo lugar en Santiago de Compostela a Xornada “Xera a túa propia enerxía: enerxías renovables no sector agroalimentario”, organizada pola Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA) e Voltfer, empresa especializada en solucións en enerxías renovables que forma parte do Grupo Alvariño.

O obxectivo da charla, de asistencia libre, era informar sobre o uso e a capacidade de aforro das enerxías renovables con aplicación no ámbito agroalimentario, como transmitiu o técnico de AGACA, Mario Fernández, ao expoñer unha síntese dos distintos proxectos xa finalizados e en activo, nos que ten traballado a Asociación con cooperativas e tamén, explotacións directamente, como: “CO2 OP. Aforrando enerxía na produción de alimentos cooperativos”; “ADEX 10. Eficiencia enerxética en explotacións de leite”; “ TESLA. Transferring Energy Savings Laid on Agroindustry”; ” SUCELLOG. Triggering the creation of biomass logistic centres by the agro- industry”; “RESFARM. Developing and implementing financial instruments for the mobilisation of investments in renewable energy in the agrarian sector”; “ SCOOPE. Saving COOPerative Energy”; “ Eusumo. Eficiencia Enerxética en fábricas de pensos e en adegas” e “METANO. Aproveitamento do metano nas granxas de vacún de leite”.

Representantes de distintas entidades expuxeron as características e vantaxes de empregar diferentes fórmulas de enerxías renovables nas explotacións.

Voltfer

“A tecnoloxía solar fotovoltaica é a forma máis rendible e eficiente de xerar enerxía no mesmo lugar da súa utilización, é máis competitiva que a xeración de enerxía mediante métodos tradicionais, non renovables, e ademais hai que destacar a súa rápida instalación e practicamente nulo mantemento”, explicou o director de Voltfer, José María Fariña. “En explotacións gandeiras conseguimos retornos de investimento moi interesantes, aos 4 ou 5 anos, o que significa que a granxa, en moi poucos anos, logra unha elevada cota de independencia enerxética”, engadiu.

A estas vantaxes hai que engadir a seguridade xurídica: “A fotovoltaica a día de hoxe está perfectamente regulada polo RDL 15/2018 e exenta de calquera imposto, tras a recente supresión do imposto ao sol, que supón toda unha lombeirada ao futuro desta tecnoloxía para a xeneración enerxética”. Neste sentido, “o autoconsumo eléctrico baseado na xeración con fotovoltaica está a ser a clave dun novo modelo enerxético para o rural que xa se está desenvolvendo con éxito nun número cada vez maior de países da nosa contorna e polo que en Galicia está a apostarse xa de maneira decidida”.

Energylab

Mónica Figueroa, especialista en bioenerxía de Energylab explicou que é o biogás e o seu uso enerxético: “É un dos produtos resultantes do proceso de dixestión anaerobia. Neste proceso, a materia orgánica presente nos residuos xerados en explotacións gandeiras (xurro, esterco….) transfórmase mediante un proceso biolóxico e dá lugar ao digestato —que pode ser empregado como fertilizante—, e ao biogás, que debido ao seu elevado contido en metano, é unha fonte de enerxía que pode chegar a ser similar ao gas natural. A combustión do biogás pode producir enerxía térmica ou eléctrica para cubrir as demandas existentes nas explotacións gandeiras”.

Biopalas

Pola súa banda, José Otero Gavieiro, xerente da empresa lucense, ISEMPA matizou que: “A biomasa é un tipo de enerxía renovable que se produce a partir do aproveitamento da materia orgánica e industrial formada nalgún proceso biolóxico ou mecánico, xeralmente das substancias que constitúen os seres vivos ou os seus restos e residuo, dita tecnoloxía é cada vez máis competitiva fronte a combustibles fósiles”.

Ecoforest

Joaquín Pampillón, do departamento de Prescrición de Ecoforest indicou as vantaxes das bombas de calor modulantes que se adaptan ás demandas térmicas (calor e frío) xa que: “Esta tecnoloxía consegue aforros do 70% fronte aos tradicionais sistemas de combustión ou campás eléctricas. Grazas á súa nova tecnoloxía patentada de xestores enerxéticos permiten levar a cabo a hibridación entre as bombas de calor con instalacións de xeración eléctrica (fotovoltaica, mini eólica,…), o que permitirá unha redución drástica na dependencia enerxética con todo o que iso significa”.

Toda unha serie de posibilidades de aforro enerxético e por tanto incremento dos beneficios para calquera granxa que, facilmente pode solicitar formar parte dalgún dos estudos e análises que AGACA leva a cabo ano tras ano e contrastar a súa eficacia.

A Xornada finalizou cunha mesa redonda onde se debateron as tendencias das enerxías renovables nas cooperativas agroalimentarias galegas e as súas previsións de futuro.

22/11/2018

Agaca
Por Agaca Novembro 22, 2018 21:00
Escriba un comentario

Non existen comentarios

Aún no hay comentarios.

Podes ser o primeiro en comentar esta entrada

Escriba un comentario
Ver comentarios

Escriba un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicado.
Los campos obligatorios están marcados*