Viticultores profesionais debateron intensamente sobre normativa, sanidade e mercado do sector

Agaca
Por Agaca Xullo 11, 2019 15:19

ACTIVIDADES

Setembro 2019

REVISTA AGACA

  • 144_portada_wb

    Cooperación Galega Nº 144 Agosto 2019

    Editorial: Viticultores en problemas coa Seguridade Social
    A fondo: Daniel Ferreiro: “A decisión de fusionar Aira foi un acerto”
    Caderno Técnico: Oportunidades de negocio no sector primario

    Ver Online Ver Todas Hemeroteca
  • A xornada “Agricultura a tempo parcial e o sector vitivinícola”, organizada onte pola Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA) en Santiago de Compostela respondeu dúbidas dos profesionais do sector.

20190710_xornada_vino_benito_vida-webUnha trintena de profesionais do sector agrario, membros de consellos reitores de cooperativas vitivinícolas, asistiu onte en Santiago a unha xornada especializada en aspectos lexislativos, laborais e mercantís do sector agrario, organizada por AGACA.

Benito Vidal, experto en lexislación laboral, respostou cuestións acerca da actual normativa de traballo. Un dos puntos de maior interese para o público foi o das persoas que axudan nos labores da viña sen retribución, onde Vidal aclarou que o Estatuto dos Traballadores exime da obriga de dar de alta na seguridade social a quen axude por amizade, benevolencia ou boa veciñanza, ou como traballo familiar (a Administración en Galicia establece a consanguinidade de segundo grao como límite para acollerse a esta excepción).

Outra preocupación moi presente entre os asistentes é a obriga dos agricultores a tempo parcial de adherirse ao réxime de autónomos o que podería chegar a causar prexuízos para o mundo rural, baixo o argumento de que poderían abandonarse viñas se a viticultura a tempo parcial deixa de resultar rendible.

Sobre o abandono incidiu tamén Víctor Novo, xefe de servizo de Sanidade e Produción Vexetal da Consellería do Medio Rural: “Calquera propietario está obrigado a tratar sanitariamente a súa finca, aínda que estea abandonada. Se non vai coidar a viña, debe arrincala ou arríscase a ser sancionado se sofre algún problema que supoña risco sanitario”.

Outro foco de interese foron as condicións de aplicación de produtos fitosanitarios Novo aclarou o Real Decreto 1311/2012, que establece, con carácter xeral, que poden aplicalos persoas titulares de explotacións co carné adecuado ou empresas de servizos, porén, matizou: “A Administración utiliza o límite do segundo grado de consanguinidade, sabendo que ás veces o titular da explotación pode ser alguén de avanzada idade ou sen formación suficiente para conseguir o carné eles mesmos.” Ademais, manifestou que a aplicación de fitosanitarios pode supoñer unha oportunidade de emprego, pois persoas co carné adecuado poden constituírse como empresa de servizos.

Finalmente, Enma Castro, directora da área Vitivinícola en Cooperativas Agro-alimentarias de España, centrouse en aspectos comerciais e mercantís desenvolvidos polo Plan de apoio ao sector vitivinícola de España 2019/2023 que recolle medidas de promoción en mercados de terceiros países, de reconversión e reestruturación de viñedo e de investimentos, e pola Organización Interprofesional Vitivinícola de España, que ademais recolle medidas para a regulación dos mercados do viño, para a simplificación administrativa das adegas e para a  promoción do viño.

11/07/2019

Agaca
Por Agaca Xullo 11, 2019 15:19
Escriba un comentario

Non existen comentarios

Aún no hay comentarios.

Podes ser o primeiro en comentar esta entrada

Escriba un comentario
Ver comentarios

Escriba un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicado.
Los campos obligatorios están marcados*