Viña Costeira recibe tres medallas e unha recomendación no International Wine Challenge

Agaca
Por Agaca Decembro 7, 2018 13:36

ACTIVIDADES

Xullo 2019

REVISTA AGACA

  • Cooperación Galega Nº 143 Maio 2019

    Editorial: Asociación “Nós, as mulleres”
    A Fondo: A visibilidade da muller na cooperativa
    Caderno: Efecto do tipo de concentrado na dieta de cebo

    Ver Online Ver Todas Hemeroteca
  • Catro viños da cooperativa do Ribeiro Viña Costeira obtiveron recoñecementos no Tramo 1 do Internationaol Wine Challenge 2019.

20181207_vina-costeira-international-wine-challengeViña Costeira colleitou dúas medallas de bronce, unha de prata e unha recomendación no tramo 1 do International Wine Challenge 2019 (IWC). En total, doce viños galegos foron premiados neste tramo do do certame, xulgado por 212 expertos en viño procedentes de 23 países .

Esta é a 36 edición destes premios, onde se valoran os viños en catas cegas, de modo que cada aspirante é probado por alomenos 12 xuíces, entre os que poden atoparse Masters of Wine. Segundo a organización, a misión do IWC é axudar aos consumidores a atopar grandes viños e as medallas mostradas nas botellas gañadoras ofrecen unha garantía de calidade de confianza.

Os viños que gañaron medallas son os seguintes:

Modus Vivendi 2017, producido por Pazo de Toubes, recibiu unha Prata, con 90 puntos. A valoración de cata foi: “Elegante branco seco cun encantadoramente perfumado aroma, boa lonxitude afroitada e un toque residual no acabado”. Este viño elabórase coas variedades treixadura, albariño e loureiro.

Viña Costeira 2017 obtivo un bronce con 87 puntos. A súa valoración foi: “Suave expresión de froitas de óso, corpo redondo. Notas minerais pero só falto de balance”. Elabórase con treixadura, albariño e godello.

Colección 68 Treixadura Barrica, 2016 obtivo Bronce, tamén con 87 puntos. A nota de cata foi: “Nariz elegante, estilo contido. Adorable frescor”. Elabórase con treixadura.

A recomendación foi para o Colección 68 Treixadura, 2017, elaborado con treixadura.

Charles Metcalfe, fundador e co-dirixente do IWC comentou: “Os viños brancos de Galicia teñen moi boa pinta, particularmente os elaborados con albariño”. En relación co valor das medallas indicou: “Creo que se un viño acada unha medalla no IWC, entón esa botella é unha aposta segura este Nadal. É moi complicado gañar unha Prata, e os Ouros son pouco frecuentes.”

España recolleu 247 medallas nesta rolda do IWC, das cales 8 son de ouro, o que sitúa a España no quinta posición, tras Francia, Australia, Portugal e Nova Zelandia no medalleiro

 

7/12/2018

Agaca
Por Agaca Decembro 7, 2018 13:36
Escriba un comentario

Non existen comentarios

Aún no hay comentarios.

Podes ser o primeiro en comentar esta entrada

Escriba un comentario
Ver comentarios

Escriba un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicado.
Los campos obligatorios están marcados*