Viña Costeira presenta a súa Tenda Online con envíos gratuítos

Agaca
Por Agaca Abril 20, 2020 13:42

NOTA DE PRENSA: Viña Costeira

  • A adega cooperativa de Ribadavia, composta por más de 500 socios, presenta esta iniciativa para soster o rural galego mentres la hostalería se atopa pechada.
  • O sector primario ve imprescindible reinventarse, facendo máis accesibles os seus produtos aos consumidores na crise da covid-19.
  • A aposta polo consumo local e de proximidade tamén se pode realizar agora dende a páxina web da adega.

20200420_wb-rrss-vina-costeira-venda-onlineViña Costeira comezou esta fin de semana a venda dos seus viños a través da súa tenda online www.costeira.wine sen gastos de envío a toda a península.

Dende o peche da hostalería, decretado polo Estado de Alarma debido á crise da covid-19, o acceso aos viños da adega por parte dos consumidores viuse reducido. Con esta nova ferramenta, a adega fai accesibles todos os produtos aos seus consumidores, con entregas gratuítas a domicilio e nun prazo de 24-72 horas dende a súa compra.

A bodega cooperativa galega achega un novo elemento para intentar diminuír os danos que a crise sanitaria ocasionará nos máis de 500 viticultores que integran a cooperativa do rural de Galicia, unha contorna fráxil onde as consecuencias poden non ter volta atrás.

Viña Costeira continúa co desenvolvemento da súa actividade, maximizando as medidas de seguridade e garantindo a protección todo o seu persoal, tanto en bodega coma no campo, á vez que garante unha subministración segura ás cadeas de distribución e á tenda online.

O compromiso de todos e o respecto ás normas sanitarias levará a recobrar a normalidade o antes posible.

20/04/2020

Agaca
Por Agaca Abril 20, 2020 13:42
Escriba un comentario

Non existen comentarios

Aún no hay comentarios.

Podes ser o primeiro en comentar esta entrada

Escriba un comentario
Ver comentarios

Escriba un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicado.
Los campos obligatorios están marcados*