Viña Costeira coida os seus maiores con AGACA e “la Caixa”

Agaca
Por Agaca Xuño 23, 2016 15:03

ACTIVIDADES

Xullo 2019

REVISTA AGACA

  • Cooperación Galega Nº 143 Maio 2019

    Editorial: Asociación “Nós, as mulleres”
    A Fondo: A visibilidade da muller na cooperativa
    Caderno: Efecto do tipo de concentrado na dieta de cebo

    Ver Online Ver Todas Hemeroteca
  • Especialistas en envellecemento e atención a maiores ofreceron claves para o coidado de persoas maiores dependentes e para envellecer activamente na Xornada “Coidar, coidarte”, na cooperativa Viña Costeira.
  • A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA) e Obra Social “la Caixa” levan a cabo a iniciativa “Coidar, coidarte” para contribuír ao envellecemento activo.

20160623_wb_COIDAR_COIDARTE_VINA_COSTEIRA
Persoas socias da cooperativa Viña Costeira (Valdepereira, Ribadavia) asistiron na tarde de onte á charla “Coidar, coidarte” impartida por expertas en atención a persoas maiores e con dependencia.

A xornada comezou cunha exposición, por parte de técnicos de AGACA, sobre a situación social das persoas maiores no ámbito rural, especialmente no que respecta ao potencial das cooperativas para acoller iniciativas dirixidas ás súas necesidades específicas.

A continuación, especialistas en atención a persoas maiores explicaron os diferentes procesos asociados ao envellecemento a nivel físico e psicolóxico e aconsellaron xeitos de reducir o deterioro vinculado á idade, mellorando a alimentación, incorporando exercicios físicos á rutina diaria e non descoidando a vida social.

Finalmente, dirixíronse ás persoas coidadoras, mostrando xeitos para facilitar a atención a maiores dependentes; entre eles, técnicas de mobilización manual a persoas con dificultades para desprazarse, consellos sobre alimentos saudables e mesmo os tipos de vestimenta máis cómodos.

Compromiso social
“Coidar, coidarte” responde ás demandas efectuadas polas cooperativistas que interviñeron en accións previas desenvolvidas por AGACA e Obra Social “la Caixa”, que reafirman deste xeito o seu compromiso co medio rural galego, contribuíndo ao seu avance social.

23/06/2016
Agaca
Por Agaca Xuño 23, 2016 15:03
Escriba un comentario

Non existen comentarios

Aún no hay comentarios.

Podes ser o primeiro en comentar esta entrada

Escriba un comentario
Ver comentarios

Escriba un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicado.
Los campos obligatorios están marcados*