Viña Costeira acolle a primeira reunión conxunta entre varias adegas galegas no marco do proxecto

Agaca
Por Agaca Outubro 11, 2018 09:50

ACTIVIDADES

Abril 2019

REVISTA AGACA

  • 142 portada

    Cooperación Galega Nº 142 Marzo 2019

    Editorial: Relevo xeracional e cooperativas
    A fondo: Rexuvenecer o rural é cuestión de tempo
    Caderno Técnico: A fertilización nas prácticas agroforestais

    Ver Online Ver Todas Hemeroteca
  • Se realizaranse tres encontros máis dentro do mesmo marco do proxecto.
  • A iniciativa trata a dixitalización de procesos e xestión de viñedos e adegas.
  • O proxecto, solicitado pola Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA), foi aprobado polo IGAPE.

20181010_igape-industria-4-0_Vina-costeira (1)

Viticultores galegos e representantes das adegas cooperativas Martín Códax, Eidosela e da anfitrioa, Viña Costeira participaron onte xunto con representantes de AGACA, nun encontro conxunto onde se puxeron en común os obxectivos do proxecto Industria 4.0, centrado na aplicación das últimas tecnoloxías dispoñibles no sector.

Tras desenvolver unha visita de cortesía polas instalcións da adega, esta primeira toma de contacto co proxecto serviu para coñecer a metodoloxía, os obxectivos e o calendario a seguir. Unha presentación que tivo continuidade co relatorio: “El cambio 4.0: significado e impacto de la nueva realidad que vivimos. Tecnologías y sistemas. Ejemplos”, ofrecido polo consultor de empresas e profesor da Universidade e de Escolas de Negocio, doutor en economía e Administración de Empresas, enxeñeiro de telecomunicacións e experto en 4.0, Álvaro Gómez Viejez.

Os participantes acordaron que a seguinte xuntanza, prevista para o 25 de outubro, será nas instalacións de Martín Códax, en Cambados.

A xornada rematou cun xantar de confraternización.


11/10/2018

Agaca
Por Agaca Outubro 11, 2018 09:50
Escriba un comentario

Non existen comentarios

Aún no hay comentarios.

Podes ser o primeiro en comentar esta entrada

Escriba un comentario
Ver comentarios

Escriba un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicado.
Los campos obligatorios están marcados*