Vegalsa-Eroski destinou máis de 1.308.000 euros a compras de produtos agrarios de calidade diferenciada no marco do seu convenio con agaca, un 3,5% máis que en 2017

Agaca
Por Agaca Xuño 6, 2019 14:16

ACTIVIDADES

Outubro 2019

REVISTA AGACA

  • 144_portada_wb

    Cooperación Galega Nº 144 Agosto 2019

    Editorial: Viticultores en problemas coa Seguridade Social
    A fondo: Daniel Ferreiro: “A decisión de fusionar Aira foi un acerto”
    Caderno Técnico: Oportunidades de negocio no sector primario

    Ver Online Ver Todas Hemeroteca

20190606 vegalsa web

  • Para este 2019 a compañía traballa cunha previsión de compra de 1,4 millóns de euros
  •  O volume de quilos comercializados en 2018 situouse en 1.489.865 de 26 produtos típicos da horta galega de gran calidade
  •  A distribuidora alimentaria e a Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias ( AGACA) renovaron este convenio de colaboración no marco da 42º edición da Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia

No marco da 42 edición da Feira Internacional Semana Verde de Galicia, a compañía galega de distribución alimentaria Vegalsa-Eroski e a Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA) renovaron por oitavo ano consecutivo o convenio para a comercialización de produtos agrarios de calidade, con trazabilidade, nos 264 establecementos que conforman a rede comercial actual da empresa en Galicia, Asturias e Castela e León. Na firma participaron o director xeral de Vegalsa-Eroski, Joaquín González, e o presidente de AGACA, José Montes.

No marco deste acordo de colaboración, Vegalsa-Eroski incrementou un 3,5% as súas compras a produtos agrarios de calidade diferenciada, destinado 1.308.900 euros fronte a 1.263.614 euros en 2017. Unha aposta polo valor da horta galega na que a compañía seguirá investindo este ano, cunha previsión de compra de 1,4 millóns de euros.

Produtos de calidad diferenciada directos da horta

Durante o pasado exercicio, comercializáronse 1.489.865 quilos dun total de 26 produtos típicos de Galicia de gran calidade, procedentes das tres cooperativas integradas neste proxecto de horta galega de calidade de  AGACA e Vegalsa-Eroski: CLUN, Horta de Galicia e Horsal. Vegalsa-Eroski representa o 19% do total da súa actividade e contribuíu, a través deste convenio marco, a lograr un incremento aproximado do 15% no que a persoal refírese, xerando máis de 280 empregos indirectos.

Das referencias comercializadas os alimentos máis demandados polos consumidores e a súa participación sobre o total do volume foron: leitugas (29%), pementos (18%), xudías (12%), tomates (9,5%), cebolas (6,8%), repartíndose a porcentaxe restante entre nabizas- grelos, cabaciña, cogombros, repolos, berenxenas e cabaza.

Posta en valor da produción local galega

 A oitava renovación deste convenio xorde da posta conxunta entre o grupo de distribución e AGACA pola innovación e o desenvolvemento empresarial de base cooperativa situando o asociacionismo agrario galego en xeral, e hortofrutícola en particular, no escenario do I+D+i como forma de afrontar o reto da competitividade.

Un compromiso que Vegalsa-Eroski estende ao medio rural e a economía agraria como fortes impulsores do desenvolvemento económico e social de Galicia, así como a firme aposta na súa estratexia comercial co desenvolvemento dos produtos galegos de calidade diferenciada.

A través da firma de diversos convenios de colaboración con diferentes Denominacións de Orixe e Indicacións Xeográficas Protexidas e de participar en numerosas accións en favor do desenvolvemento do medio rural, facendo un investimento de 296 millóns de euros en 2018, 20 millóns máis que en 2017, adquirindo así unha presenza moi destacada nas súas tendas.

Coa súa firme aposta pola produción local Vegalsa-Eroski trata de impulsar o sector agroalimentario facendo fincapé na diversidade do seu tecido produtivo como elemento crave para a súa sustentabilidade, ademais de reducir a pegada ecolóxica dos alimentos a través da súa aposta polos produtos de proximidade, tamén denominados de km0, que permiten diminuír a emisión de CO2 á atmosfera ao reducirse os recursos necesarios para o seu transporte ata os lineais das tendas.

 Sobre Vegalsa-Eroski

Vegalsa-Eroski conta en Galicia, Asturias e Castela e León con 264 establecementos entre propios e franquiados baixo as marcas comerciais Hipermercados e gasolineiras Eroski, Eroski/ Center, Autoservizos Familia, Cash Record, Eroski/City e Aliprox. A súa estrutura comercial en Galicia esténdese polas 4 provincias galegas e conta cunha moderna plataforma de mercadorías xerais, situada en Sigüeiro, A Coruña, dotada con tecnoloxías loxísticas de última xeración, ademais das plataformas de produtos frescos da Coruña e centros de redistribución en Vigo e Ourense. Pola súa banda, a división de Autoservizos Cash Récord de Vegalsa-Eroski conta cun mapa comercial composto por 19 centros distribuídos homogéneamente entre Galicia e Asturias, con fáciles e rápidos accesos en áreas empresariais con boas comunicacións.

 Sobre AGACA

Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias nace en 1988 como unha entidade sen ánimo de lucro, de carácter non gobernamental, coa finalidade de representar e defender os intereses e as necesidades das múltiples cooperativas agrarias e gandeiras de Galicia. Cumpre coa misión de fomentar e promover o cooperativismo con vontade social de apoio e cooperación, como un instrumento ao servizo das cooperativas asociadas dende o cal se tentan aproveitar todas as sinerxías e constitúense foros de debate en favor dunha procura permanente de puntos en común.

CLUN conta entre as súas actividades principais, ademais da produción hortícola, a comercialización de leite, de gando vacún, tenda agraria e fábrica de pensos.

Horsal S.  Coop. Galega constitúe unha das maiores organizacións no ámbito da horta atlántica, dedicada á produción e comercialización de hortalizas de Galicia.

Horta de Galicia S. Coop. Galega é unha cooperativa de segundo grao dedicada á comercialización de produtos da horta.

 

06/06/2019

Agaca
Por Agaca Xuño 6, 2019 14:16
Escriba un comentario

Non existen comentarios

Aún no hay comentarios.

Podes ser o primeiro en comentar esta entrada

Escriba un comentario
Ver comentarios

Escriba un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicado.
Los campos obligatorios están marcados*