URCACYL prevé recoller máis de 20.000 firmas a favor das súas Estacións de Servizo

Agaca
Por Agaca Marzo 24, 2017 13:49

ACTIVIDADES

Decembro 2019

REVISTA AGACA

  • 145 portada

    Coperación Galega 145 Outubro 2019

    Editorial: «Comprometidos, non privilexiados»
    A fondo: Entrevista a Rafael Prieto, director xeral de Clun: «Case é imprescindible ter unha industria láctea cooperativa forte»
    Caderno Técnico: A innovación agroforestal en Galicia

    Ver Online Ver Todas Hemeroteca

NOTA DE PRENSA: Unión Regional de Cooperativas Agrarias de Castilla y León

wb_logo_urcacyl

O pasado día 25 de xaneiro, seis representantes da Unión Rexional de Cooperativas Agrarias de Castela e León, constituídos en Comisión Promotora, presentaron ante o Rexistro das Cortes unha Iniciativa Lexislativa Popular, co propósito de modificar a Lei 1/2016 do 13 de outubro, que no seu artigo único establece a obrigatoriedade de dispoñer de polo menos unha persoa, en todas as instalacións de subministración de venda ao público polo miúdo de combustibles e carburantes, mentres estean abertas e en servizo.

Esta normativa é gravemente prexudicial para as cooperativas agrarias que fornecen combustibles, maioritariamente, en núcleos rurais de escasa poboación e moi afastados das grandes zonas de consumo. A súa aplicación, que esixe ter persoal permanente en horario nocturno e de fin de semana, restrinxe os dereitos das cooperativas que iniciaron esta actividade cunhas regras de xogo que agora se pretenden cambiar, nega a libre competencia no mercado e impide dar un servizo en zonas rurais cada vez máis despobladas.

O pasado 17 de marzo, os promotores da iniciativa recibiron da Xunta Electoral de Castela e León unha notificación pola que se abría o prazo para a recollida de firmas. Aínda que o prazo de recollida de firmas é  de nove meses, espéranse obter nun máximo de tres.

Para que a Iniciativa Lexislativa Popular poida prosperar precísanse firmas de polo menos o 0,75% do censo electoral de cada provincia da rexión, aínda que desde Urcacyl preténdese superar substancialmente esa porcentaxe

Desde Urcacyl, e máis aínda despois da sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Baleares, que declaraba nulo un artigo exacto ao que se aprobou polas Cortes de Castela e León, non descartan, aínda que o ven moi difícil, que os grupos parlamentarios sexan capaces de acordar unha modificación inmediata da Lei (rectificar é de sabios), sen ter que esperar a cumprir todos os prazos establecidos pola lexislación das ILPs.

Na web de URCACYL poden encontrar a información completa.

 

Agaca
Por Agaca Marzo 24, 2017 13:49
Escriba un comentario

Non existen comentarios

Aún no hay comentarios.

Podes ser o primeiro en comentar esta entrada

Escriba un comentario
Ver comentarios

Escriba un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicado.
Los campos obligatorios están marcados*