URCACYL presentará nas Cortes de León unha iniciativa sobre estacións de servizo avalada con máis de 16.000 sinaturas

Agaca
Por Agaca Xaneiro 20, 2017 12:41

ACTIVIDADES

Setembro 2019

ÚLTIMAS NOTICIAS

REVISTA AGACA

  • 144_portada_wb

    Cooperación Galega Nº 144 Agosto 2019

    Editorial: Viticultores en problemas coa Seguridade Social
    A fondo: Daniel Ferreiro: “A decisión de fusionar Aira foi un acerto”
    Caderno Técnico: Oportunidades de negocio no sector primario

    Ver Online Ver Todas Hemeroteca

 

COMUNICADO DE PRENSA: URCACYL

 

  • Con esta iniciativa Lexislativa Popular, cuxa presentación se regula pola Lei 4/20014 do 4 de xullo, os representantes das cooperativas pretenden modificar a Lei 1/2016, que á súa vez modifica o Estatuto do consumidor de Castela e León.
  • A normativa que se persegue cambiar, establece a obrigatoriedade de dispoñer nas cooperativas, mentres permanezan abertas e en servizo, polo menos dunha persoa nas súas instalacións de venda ao público e polo miúdo de combustibles e carburantes.
  • A actividade de distribución de carburantes polas cooperativas ten como fin prestar un servizo aos seus socios e aos habitantes dos municipios nos que están asentados, pero non é nunca a súa actividade principal.

wb_logo_urcacyl

As cooperativas teñen unha serie de peculiaridades tanto económicas como sociais, que as fan moi diferentes doutras fórmulas xurídicas. Son Sociedades de persoas, vinculadas ao territorio no que se asintan, os seus beneficios non se reparten en función do capital achegado, senón en función da actividade cooperativizada que se realiza, dos mesmos teñen que dotar polo menos un 20% a un Fondo de Reserva Obrigatorio que é irrepartible en caso de disolución e un 5% para temas formativos, son sociedades plenamente democráticas nas tomas de decisións, non poden facer ningún tipo de discriminación á hora de admitir sócios…

Estas circunstancias motivaron tradicionalmente unha consideración especial na lexislación española, comunitaria e autonómica que amparan a especial protección, promoción, estímulo e desenvolvemento das cooperativas e as súas actividades. Así se reflicte no Artigo 129-2 da Constitución española, cando sinala que “Os poderes públicos promoverán eficazmente as diversas formas de participación na empresa e fomentarán, mediante unha lexislación adecuada, as sociedades cooperativas”. No ámbito da Comunidade Autónoma de Castela e León, o art. 16-5 do seu Estatuto de Autonomía, establece como un dos principios reitores das políticas públicas de Castela e León, “…o fomento das iniciativas da Economía Social, especialmente o cooperativismo e a súa promoción”.

Sorprende que a obrigatoriedade de contratar con novo persoal en cooperativas, que están situadas nun medio rural hostil, para seguir desenvolvendo esta actividade en horario nocturno e de fin de semana, non se aplique ás estacións de autoservizo situadas en autovías e autoestradas que teñen garantida a clientela e que nin sequera fornecen con medios humanos o combustible aos consumidores, nin en horario diúrno, nin en nocturno, nin en fin de semana e que a diferenza das cooperativas non teñen dúas ou tres surtidores sendo vinte ou trinta, existindo un único responsable que tan só está pendente da venda doutros produtos e do cobro dos servizos.

Dende Urcacyl iniciáronse contactos con todos os grupos parlamentarios das Cortes, ao obxecto de darlles cumprida información desta iniciativa que pretende defender os intereses das cooperativas, dos seus socios agricultores e do conxunto das poboacións rurais nas que están asentados.

A iniciativa lexislativa popular, que se dará a coñecer aos medios de comunicación nunha rolda de prensa que se convocará o vindeiro mércores, precisa para poder prosperar das firmas de polo menos o 0,75% do total do censo de Castela e León.

 

20/01/2017

Agaca
Por Agaca Xaneiro 20, 2017 12:41
Escriba un comentario

Non existen comentarios

Aún no hay comentarios.

Podes ser o primeiro en comentar esta entrada

Escriba un comentario
Ver comentarios

Escriba un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicado.
Los campos obligatorios están marcados*