URCACYL convoca os Premios Manojo 2016 para adegas cooperativas

Agaca
Por Agaca Abril 8, 2016 11:06

ACTIVIDADES

Abril 2020

REVISTA AGACA

  • 146-portada-revista-wb

    Cooperación Galega Nº 146 Decembro 2019

    Editorial: Sustentabilidade de cooperativas
    A fondo: AGROSMARTglobal para vender en China e Estados Unidos
    Caderno Técnico: Oportunidades de negocio no sector primario (parte II)

    Ver Online Ver Todas Hemeroteca

URCACYL convoca  os Premios Manojo 2016 para adegas cooperativas

  • A Unión de Cooperativas Agrarias de Castela e León convoca a XVI Concurso Nacional de Viños e os Premios Manojo 2016, cita que cumpre 20 anos.
  • As adegas cooperativas intersadas en participar nalgunha das 8 categorías poden enviar mostras de viño entre o 18 de abril e o 6 de maio.

En 2016 cúmprense 20 anos do concurso de viños cooperativos, Premios Manojo. A Unión de Cooperativas Agrarias de Castela e León, URCACYL, convocou outra edición do concurso nacional de viños para adegas cooperativas. “A seriedade do concurso mantense e seguimos esixindo un número mínimo de botellas para poder participar, neste caso de 2.000, número que se comprobará na propia adega no caso de que o viño consiga ser finalista e cuxa cata final terá lugar o 9 de xuño en Tordesillas”, segundo fontes de URCACYL.

Esta XVI edición conta co patrocinio da Unión Regional de Cajas Rurales de Castilla y León e a colaboración do Concello de Tordesillas, o Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio e de Cooperativas Agro-alimentarias de España.

Os Premios, como en anteriores edicións, distribúense en diferentes categorías, que son:

– Brancos Novos (Viños brancos secos das anadas 2015 e 2014)
– Rosados Novos (Viños rosados secos das anadas 2015 e 2014)
– Tintos Novos (Viños tintos secos das anadas 2015 e 2014, cuxa elaboración non leve ningún contacto coa madeira, nin en envellecemento, nin en fermentación)
– Tintos Novos Carballo (Viños tintos secos das anadas 2015 e 2014, cuxo paso por madeira e botella non lle dea a categoría de Crianza ou Reserva)
– Tintos Crianza (Viños tintos secos con crianza das anadas 2013, 2012 e 2011)
– Tintos Reservas (Viños tintos secos con longa crianza da anada 2012 e anteriores)
– Cava e Viños Espumosos de calidade
– Viños semi-secos e doces

Máis información en la web de URCACYL.

Bases completas en “Documentación 1” (PDF, 3 Mb)

Agaca
Por Agaca Abril 8, 2016 11:06
Escriba un comentario

Non existen comentarios

Aún no hay comentarios.

Podes ser o primeiro en comentar esta entrada

Escriba un comentario
Ver comentarios

Escriba un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicado.
Los campos obligatorios están marcados*