As cooperativas de Castilla y León aproban a creación dunha Organización de Produtores Lácteos

Agaca
Por Agaca Febreiro 11, 2016 13:38

ACTIVIDADES

Abril 2020

REVISTA AGACA

  • 146-portada-revista-wb

    Cooperación Galega Nº 146 Decembro 2019

    Editorial: Sustentabilidade de cooperativas
    A fondo: AGROSMARTglobal para vender en China e Estados Unidos
    Caderno Técnico: Oportunidades de negocio no sector primario (parte II)

    Ver Online Ver Todas Hemeroteca

COMUNICADO DE PRENSA


As Cooperativas de vacún de leite acordaron, o día 11 de febreiro, a constitución dunha Organización de Produtores (O.P.).

As intecións das cooperativas, expresadas onte, foron:

Responde ao compromiso adquirido por Urcacyl e polas súas cooperativas na plataforma da competitividade do sector lácteo, de fomentar estruturas organizativas que fortalezan aos seus socios, co obxectivo de converterse en forza tractora da reordenación produtiva no sector do vacún de leite.

wb_logo_urcacylDesde Urcacyl considérase que só cunha estratexia común das cooperativas lácteas a nivel comercial, se pode afrontar unha crise tan dura como a que se está padecendo. É fundamental respecto diso mellorar as alianzas e os contratos a longo prazo coas industrias, que poidan fortalecer tanto a estas como aos produtores. As OP e os acordos comerciais e de colaboración que poidan xurdir tras o desenvolvemento normativo das Entidades Asociativas Prioritarias, que proximamente se regularán pola Consellería de Agricultura e Gandería, forman parte da solución.

Urcacyl considera necesario, por unha banda, o seguimento do cumprimento dos acordos establecidos pola plataforma para cada un dos seus elos, e, por outra, a necesidade de mellorar e fortalecer as relacións entre o sector produtivo, o da transformación e o da distribución.

Tendo en consideración que o sector lácteo é un dos sectores estratéxicos para a Comunidade de Castilla y León, as Organizacións de Produtores e as fórmulas de integración cooperativa desempeñan un papel importante na mellora da comercialización, planificación e regulación da oferta, procurando adaptar a produción á demanda, optimizando os custos de produción e estabilizando os elos da cadea.

Desde a Organización das Cooperativas, espérase que se realice unha discriminación positiva a favor da concentración da oferta nas diferentes liñas de axudas que convoque a Consejería de Agricultura y Ganadería. Doutra banda, a creación dunha Rede rexional de explotacións gandeiras de vacún de leite, a posta en funcionamento dun observatorio de prezos e a regulación da figura do defensor da cadea agroalimentaria contribuirán sen dúbida a fortalecer un sector que pasa polos seus peores momentos.

Para ver a nota de prensa explicativa dos termos nos que se creou a OPL, prema “Documentación 1”

Agaca
Por Agaca Febreiro 11, 2016 13:38
Escriba un comentario

Non existen comentarios

Aún no hay comentarios.

Podes ser o primeiro en comentar esta entrada

Escriba un comentario
Ver comentarios

Escriba un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicado.
Los campos obligatorios están marcados*