Unha das maiores cooperativas lácteas holandesas primará explotacións que non aumenten produción

Agaca
Por Agaca Xaneiro 12, 2016 15:31

ACTIVIDADES

Abril 2020

REVISTA AGACA

  • 146-portada-revista-wb

    Cooperación Galega Nº 146 Decembro 2019

    Editorial: Sustentabilidade de cooperativas
    A fondo: AGROSMARTglobal para vender en China e Estados Unidos
    Caderno Técnico: Oportunidades de negocio no sector primario (parte II)

    Ver Online Ver Todas Hemeroteca
  • A oficina de Cooperativas Agroalimentarias de Bruxelas informa sobre a decisión da cooperativa holandesa Friesland Campina, que en decembro anunciou que pagará unha prima aos produtores que non aumenten a produción. Recibirán 2 céntimos por quilo de leite se durante o período comprendido entre o 1 de xaneiro e o 11 de febreiro manteñen ou reducen a súa produción.

O volume de referencia será fixado como media do 13 ao 27 de decembro. Os produtores desta cooperativa aumentaron as súas entregas en 6,4% (600 millóns de quilos) en 2015.

Esta medida é similar á debatida durante a reforma da PAC en vistas á eliminación das cotas lácteas e retomadas cada vez no debate comunitario. Os partidarios de mecanismos de regulación de produción piden que se estenda a toda a UE.

Agaca
Por Agaca Xaneiro 12, 2016 15:31
Escriba un comentario

Non existen comentarios

Aún no hay comentarios.

Podes ser o primeiro en comentar esta entrada

Escriba un comentario
Ver comentarios

Escriba un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicado.
Los campos obligatorios están marcados*