Un alumno do CEIP de Castrelo gaña a I Edición do Concurso de Pequenos Relatos AGACA na categoría de 3º EP

Agaca
Por Agaca Xuño 18, 2018 16:16

ACTIVIDADES

Setembro 2019

REVISTA AGACA

  • 144_portada_wb

    Cooperación Galega Nº 144 Agosto 2019

    Editorial: Viticultores en problemas coa Seguridade Social
    A fondo: Daniel Ferreiro: “A decisión de fusionar Aira foi un acerto”
    Caderno Técnico: Oportunidades de negocio no sector primario

    Ver Online Ver Todas Hemeroteca
  • Manuel Suárez, co relato “A miña vida no campo”, obtivo o primeiro premio desta primeira edición na categoría de 3º de Primaria.
  • Un cheque de 500 euros para o colexio, e unha tableta electrónica e un lote de libros para o alumno gañador do certame foron os premios entregados.
  • O Concurso foi convocado no marco do programa “Almorz@ con Beizos Brancos”, impulsado pola Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA) e Obra Social “la Caixa” para fomentar a nutrición sa.

DSCF9794

Esta mañá tivo lugar a entrega de premios do Concurso Pequenos Relatos AGACA no colexio cambadés CEIP do Castrelo, convocado pola Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias e Obra Social “la Caixa”.

O alumno Manuel Suárez, co relato titulado “A miña vida no campo”, resultou vencedor na categoría de 3º de Primaria. Recibiu como premio unha tableta e un lote de 5 libros. O colexio, pola súa banda, recibiu un cheque por valor de 500 euros.

O I Concurso de Pequenos Relatos AGACA foi convocado este curso académico no marco do programa sobre nutrición sa “Almorz@ con Beizos Brancos”. O certame busca fomentar a imaxinación dos nenos e nenas e atraer a súa mirada cara ao mundo rural, a agricultura e a gandería.

O director- xerente de  AGACA, Higinio  Mougán, xunto cun representante de  CaixaBank, participaron na entrega. Valoraron positivamente a participación do estudante no certame e destacaron a importancia de que os escolares sexan conscientes da importancia do mundo rural para Galicia.

A colaboración entre Obra Social “la Caixa” e AGACA remóntase a 2015 e inclúe outras iniciativas destinadas a resolver necesidades específicas doutros colectivos como son o  empoderamento da muller  cooperativista, a mellora da atención a persoas maiores no fogar ou a incorporación de persoas mozas á actividade profesional no mundo rural.

18/06/2018

Agaca
Por Agaca Xuño 18, 2018 16:16
Escriba un comentario

Non existen comentarios

Aún no hay comentarios.

Podes ser o primeiro en comentar esta entrada

Escriba un comentario
Ver comentarios

Escriba un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicado.
Los campos obligatorios están marcados*