Última xornada de Emprendemento, Igualdade e Asociacionismo

Agaca
Por Agaca Xullo 17, 2019 14:31

ACTIVIDADES

Outubro 2019

REVISTA AGACA

  • 144_portada_wb

    Cooperación Galega Nº 144 Agosto 2019

    Editorial: Viticultores en problemas coa Seguridade Social
    A fondo: Daniel Ferreiro: “A decisión de fusionar Aira foi un acerto”
    Caderno Técnico: Oportunidades de negocio no sector primario

    Ver Online Ver Todas Hemeroteca

20190430_Nos-grupo
• Mañá celébrase en Compostela, a última sesión dedicada ao emprendemento, igualdade e asociacionismo no marco das actividades emprendidas coa presentación de “Nós, as mulleres”.
• Facilitaranse os datos que reflicten a situación da muller no ámbito das cooperativas agroalimentarias.

Mañá, xoves, 18 de xullo, terá lugar a derradeira sesión das tres programadas no Obradoiro “Apoderamento de Mulleres Socias de Cooperativas” que comezaba o 4 de xullo coa presentación da Asociación Galega de Mulleres de Cooperativas Agroalimentarias, seguido da xornada do día 11, onde unha trintena de mulleres viaxaron ata Betanzos e arredores para coñecer as experiencias das cooperativas Lutega e Orballo (produción de lúpulo e de té galego).
Intervencións
– 11:30 H. A muller no rural e nas cooperativas agroalimentarias de Galicia. Relatora: Da. Ruth Rodriguez Ferreiros. Axente de Igualdade de Xénero de AGACA
– 12:15 H. Liñas estratéxicas en materia de Igualdade de Oportunidades en Cooperativas Agro-alimentarias de España. Relatora: Da. Carmen Martínez. Responsable de Igualdade de Cooperativas Agro-alimentarias.
– 13:00 H. Presentación de AMCAE (Asociación de Mujeres de Cooperativas Agro-alimentarias de España). Relatora: Da. Jerónima Bonafé. Presidenta de AMCAE e de Coop. Agro-alimentaries de Baleares.
– 13:30 H. Políticas activas de emprego de interese para as mulleres rurais. Relator: D. Juan José Lirón. Subdirector Xeral de Emprego. Consellería de Economía, Emprego e Industria.
– 14:00 H. As medidas de fomento da Igualdade da Secretaría Xeral de Igualdade. Relatora: Da. Susana López. Secretaria Xeral de Igualdade.
– 14:30 H. Clausura da Sesión.
Da. Dolores Calvo. Presidenta de Nós, as Mulleres
Da. Jerónima Bonafé. Presidenta de AMCAE
D. José Montes. Presidente de AGACA
Da. Susana López. Secretaria Xeral de Igualdade.

Agaca
Por Agaca Xullo 17, 2019 14:31
Escriba un comentario

Non existen comentarios

Aún no hay comentarios.

Podes ser o primeiro en comentar esta entrada

Escriba un comentario
Ver comentarios

Escriba un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicado.
Los campos obligatorios están marcados*