ToTCOOP+i unifica metodoloxía e contidos formativos entre os formadores das cooperativas europeas

Agaca
Por Agaca Xullo 21, 2017 19:00

ACTIVIDADES

Outubro 2019

REVISTA AGACA

  • 144_portada_wb

    Cooperación Galega Nº 144 Agosto 2019

    Editorial: Viticultores en problemas coa Seguridade Social
    A fondo: Daniel Ferreiro: “A decisión de fusionar Aira foi un acerto”
    Caderno Técnico: Oportunidades de negocio no sector primario

    Ver Online Ver Todas Hemeroteca

ToTCOOP+i unifica metodoloxía e contidos formativos entre os formadores das cooperativas europeas

  • É un proxecto integrado por entidades socias de seis países europeos (Italia, Polonia, Irlanda, Suecia, Letonia e España)
  • Cofinanciado polo programa Erasmus+ da Unión Europea, actualiza os contidos e mellora a calidade da formación das persoas responsables de formar aos consellos reitores ou directivos das entidades.
  • Incorpora unha plataforma tecnolóxica que complementará os programas formativos.

Santiago, 21 de xullo de 2017.- Na mañá de hoxe, no museo do Pobo Galego (Santiago de Compostela), tivo lugar a presentación de resultados do proxecto “Asociación Estratéxica para a Innovación na formación de formadores das cooperativas agroalimentarias europeas”, ToTCOOP+i (cofinanciado polo programa Erasmus+), concibido para mellorar a calidade dos contidos e técnicas formativas das persoas responsables da formación dos axentes do sector agroalimentario.

Ademais de persoas vinculadas a AGACA e ás cooperativas galegas socias, desprazáronse ata Compostela, representantes das entidades participantes:Aris (Italia), Formación e Investigación; ChangeMaker (Suecia), consultora; Icos (Irlanda) Sociedade Irlandesa de Organizacións Cooperativas;LLKC (Letonia), Centro de Formación e Asesoramento Rural de Letonia e Stowarzyszenie (Polonia), Asociación de Cooperativas Sociais.

As persoas integrantes dos consellos reitores ou directivos das entidades cooperativas e centros vinculados ao ámbito rural e agroalimentario serán os principais beneficiarios das novidades acadadas tras dous anos de duración do proxecto.

Tamén se presentou a nova plataforma web que complementará as sesións formativas dos alumnos e unha Guía de Boas Prácticas en Formación de Directivos.

Contidos formativos

A gran vantaxe desta iniciativa é a posibilidade de armonizar os contidos e prácticas dos temarios seleccionando os mellores de cada entidade involucrada e incorporando as últimas actualizacións en cada materia.

 

Os contidos distribuiranse en 10 temas e abranguen cuestións como a xestión e a administración empresarial cooperativa, funcións dos consellos reitores, lexislación, ética, marketing, comunicación, financiamento, política agrícola nacional e internacional ou xestión de riscos, entre outras materias.

Co fin de resultar atractivos e prácticos, os contidos do curso impartiranse a través dunha plataforma dixital que permitirá optimizar o tempo e os recursos necesarios para lograr a implicación dos dirixentes cooperativos.

Antes do comezo do mes de agosto todas as entidades implicadas no proxecto desenvolverán unha sesión piloto de cinco horas nunha única xornada, con membros dos consellos reitores dunha cooperativa.

A segunda parte da xornada centrouse en coñecer a realidade das entidades que nos visitaron.

ICOS

TJ Flannagan expuxo unha similitude de retos entre o caso irlandés e o galego. Presentou a Sociedade Irlandesa de Cooperativas, cuxa sede está no centro de Dublín. Historicamente, Irlanda é un territorio integrado por un alto número de gandeiros.

As cooperativas maioritarias, segundo Flannagan, son de pequeno e mediano tamaño e están bastante diversificadas. As cooperativas de cogomelos e as lácteas son as que mellor están funcionando.

Irlanda produce 7 mil millóns de leite ao ano. Deles, o 7% son de leite líquido e o resto é procesado. Contan con 17.000 produtores cuxa cabana media é de 90 vacas. O 90% da produción expórtase. Cunha idade media de 57 anos, e uns ingresos non demasiado altos, un dos retos máis relevantes é conseguir atraer a máis mulleres e o relevo xeneracional.

Outro tema que xera moitas dúbidas nestes intres é o conxunto de consecuencias da implantación do Brexit que, segundo Flannagan, é unha grande incerteza para todos.

Billy Goodburn, coordinador de Formación e Desenvolvemento de ICOS, insistiu na necesidade de que as cooperativas sexan dinámicas e se adapten a empregar os recursos tecnológicos polo que necesitan formarse neste aspecto. O persoal das cooperativas debe ser capaz de competir a nivel mundial e só se conseguirá cambiando de actitude, abríndose aos novos recursos e dispositivos.

A formación é indispensable, segundo Goodburn. A velocidade de cambio da sociedade esixe investir na xente, valor fundamental da cooperativa. E por iso a cooperativa debe investir na formación.

Anders Pettersson, da consultora sueca, Changemaker AB; Elina Ozola, de Asesoría Rural e Centro de Formación de Letonia, LLKC e Goodburn enfatizaron na relevancia de empregar as tecnoloxías na formación como é o caso da nova plataforma desenvolvida a raíz deste proxecto, baseado no soporte de código aberto Moodle.

Clausura

Agustín Herrero, director xeral de Cooperativas Agro-alimentarias de España; Alfonso Marnotes, director xeral de Orientación e Promoción Laboral da Xunta de Galicia e José Manuel López, vicepresidente de AGACA clausuraron a Xornada.

Recordaron que é no Consello Reitor en quen recae a responsabilidade de orientar e dirixir á cooperativa, polo que é imprescindible coidar expresamente a formación.

Herrero recordou a implicación da entidade nacional coa formación de directivos e emprazou aos técnicos de AGACA a compartir esta experiencia, á volta do verán, en Madrid, co resto de entidades federativas, polo grande interese xerado.

Marnote lembrou que a Xunta ten un Programa de Formación específico para as cooperativas e os cooperativistas e recoñeceu que a formación está sufrindo un cambio cara á inserción laboral, un campo que se abre como una oportunidade e no que queren contar coa colaboración das entidades sociais á hora de deseñar os contidos formativos.

Agaca
Por Agaca Xullo 21, 2017 19:00
Escriba un comentario

Non existen comentarios

Aún no hay comentarios.

Podes ser o primeiro en comentar esta entrada

Escriba un comentario
Ver comentarios

Escriba un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicado.
Los campos obligatorios están marcados*