Agaca

Información Legal

 

UNIÓN DE COOPERATIVAS ASOCIACIÓN GALEGA DE COOPERATIVAS AGRARIAS (AGACA)

UNIÓN DE COOPERATIVAS ASOCIACIÓN GALEGA DE COOPERATIVAS AGRARIAS, (en diante AGACA), con sede social en: Rúa Tomiño, 22. Entrechán. 15703 Santiago de Compostela- A Coruña (España) e titular da páxina web "www.agaca.coop" infórmalle que:

Dacordo coa normativa vixente en materia de protección de datos así como en materia de servizos da sociedade da información e de comercio electrónico, o usuario acepta que os datos persoais achegados no momento do seu rexistro, ou calquera outro, facilitado a AGACA para o seu acceso a algúns dos servizos da web (boletíns de inscrición de cursos, boletíns de subscripción á revista “Cooperación Galega”, acceso usuarios), sexan incorporados a un ficheiro titularidade de AGACA, coa finalidade de facilitar a prestación dos servizos solicitados, para a correcta identificación dos usuarios que solicitan servizos personalizados en "www.agaca.coop", para a realización de estudos estatísticos dos usuarios rexistrados que permitan deseñar melloras nos servizos prestados, para a xestión de tarefas básicas de administración, así como para manterlle informado, ben por correo electrónico ben por calquera outro medio, de novidades, produtos e servizos relacionados con AGACA. No caso de comunicacións comerciais a través de correo electrónico ou medio equivalente, o usuario presta o seu consentimento expreso para o envío de publicidade a través de devandito medio.

AGACA comprométese ao cumprimento da súa obrigación de segredo dos datos de carácter persoal e do seu deber de tratalos con confidencialidade, e asume, a estes efectos, as medidas de índole técnica, organizativa e de seguridade necesarias para evitar a súa alteración, perda, tratamento ou acceso non autorizado, de acordo co establecido na Lei Orgánica 15/1999 de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, e demais lexislación aplicable.

O usuario responderá, en calquera caso, da veracidade dos datos facilitados, reservándose AGACA o dereito a excluír dos servizos rexistrados a todo usuario que facilite datos falsos, sen prexuízo das demais accións que procedan en Dereito.

Calquera usuario rexistrado pode en calquera momento exercer o dereito a acceso, rectificación, cancelación e oposición dos datos de carácter persoal fornecidos, mediante petición escrita indicando o dereito a exercitar a: UNIÓN DE COOPERATIVAS ASOCIACIÓN GALEGA DE COOPERATIVAS AGRARIAS (Rúa Tomiño, 22. Entrechán. 15703 Santiago de Compostela- A Coruña, ou ben na dirección de correo electrónico loli@agaca.coop).

.