Terra de Trasancos mostra opcións de emprego a medio cento de estudantes de Vilalba

Agaca
Por Agaca Abril 25, 2019 12:17
  • O Centro da Rede Eusumo Fundación Terra de Trasancos (Narón) acolleu esta mañá a estudantes do IES Santiago Basanta Silva (Vilalba).
  • Participaron nun obradoiro organizado pola Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA) e Rede Eusumo para o fomento do cooperativismo e a economía social.

20190425_Eusumo_IES_santiago_Basanta_silva_Trasancos-wbA Fundación Terra de Trasancos recibiu esta mañá a 50 estudantes de cuarto curso de Secundaria do instituto vilalbés Santiago Basanta Silva, nun obradoiro titulado “Divulgación do emprendemento e de experiencias cooperativas como modelo de éxito”, que organiza AGACA no marco da Rede Eusumo.

A iniciativa busca dar visibilidade ao cooperativismo e a economía social entre os estudantes para que, unha vez rematados os estudos, poidan telos en conta como opción de emprego.

Guiados polo persoal de Terra de Trasancos, os estudantes percorreron as súas instalacións para coñecer primeira man o funcionamento da entidade, que desenvolve a súa actividade, agrícola y de servizos, dentro do modelo de la economía social.

Rede Eusumo

Esta actividade enmárcase na Programación da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego da Xunta de Galicia para o fomento do cooperativismo e a economía social que conta co financiamento do Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social.

EUSUMO-Logos-pe-pax-2019

25/04/2019

 

Agaca
Por Agaca Abril 25, 2019 12:17
Escriba un comentario

Non existen comentarios

Aún no hay comentarios.

Podes ser o primeiro en comentar esta entrada

Escriba un comentario
Ver comentarios

Escriba un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicado.
Los campos obligatorios están marcados*