Só o 3% das cooperativas agroalimentarias galegas ten presidenta

Agaca
Por Agaca Novembro 18, 2015 13:47

ACTIVIDADES

Setembro 2019

REVISTA AGACA

  • 144_portada_wb

    Cooperación Galega Nº 144 Agosto 2019

    Editorial: Viticultores en problemas coa Seguridade Social
    A fondo: Daniel Ferreiro: “A decisión de fusionar Aira foi un acerto”
    Caderno Técnico: Oportunidades de negocio no sector primario

    Ver Online Ver Todas Hemeroteca

  • Arredor de corenta socias da cooperativa Campo-Capela (A Coruña) asistiron esta mañá á Xornada “Atrévete Contigo Mesma”, organizada por AGACA e a Obra Social “la Caixa” para impulsar a súa participación nos órganos directivos das cooperativas.
  • Susana López, secretaria xeral de Igualdade, inaugurou a xornada, xunto con Manuel Meizoso, alcalde de A Capela.

Técnicas de AGACA especializadas en igualdade e motivación presentaron, na sede da cooperativa, claves para lograr o empoderamento das mulleres nos planos persoal e profesional.

CaixaBank apoiou esta xornada, que contou ademais coa presenza de Fernando Rodríguez, presidente da cooperativa; Laura Lema, responsable de negocio agrario de Caixabank en Galicia, e José Montes, presidente de AGACA.

Tratáronse temas como a corresponsabilidade no fogar, a responsabilidade das persoas asociadas para o bo funcionamento das cooperativas e o papel que estas poden xogar na mellora da vida familiar e laboral de socios e socias.

Atrévete Contigo Mesma - A Capela 18/11/2015Retos
O 97% dos cargos presidenciais das cooperativas agroalimentarias de Galicia son homes, pese a que o 49% da masa social son mulleres.

  • O 96% delas nunca optou a un posto no Consello Reitor.
  • Case o 17% declara falta de formación ou non sentirse capacitada para un posto de responsabilidade.

Susana López incidiu na importancia de “aproveitar todo o talento que hai nas cooperativas” e na necesidade de dar visibilidade ás mulleres do rural, posto que son “fundamentais para manter a vida nos pobos e nas aldeas”.

O formato aberto e participativo da Xornada facilitou que o público interviñese activamente intercambiando ideas e experiencias nunha sesión de coaching para identificar e contrarrestar os obstáculos a nivel persoal e laboral que moitas veces se alegan como motivos para non participar en órganos de decisión.

Campo Capela
O 60% das persoas asociada a Campo Capela son mulleres titulares das súas explotacións; o Consello Reitor esta´formado por un 60% de homes e un 40% de mulleres. Entre 1998 e 2014 unha muller ostentou a presidencia.

Compromiso coa igualdade
“Atrévete Contigo Mesma” súmase ás iniciativas de AGACA para fomentar a visibilización e o empoderamento das mulleres rurais, entre as que se atopan estudos, enquisas, charlas, módulos formativos e de motivación, avalados pola apreciación e participación por parte das cooperativas.

“Atrévete Contigo Mesma” suma a implicación da Obra Social “la Caixa” comprometida coa igualdade de xénero e o aproveitamento da capacidade empresarial das mulleres do mundo rural.

Agaca
Por Agaca Novembro 18, 2015 13:47
Escriba un comentario

Non existen comentarios

Aún no hay comentarios.

Podes ser o primeiro en comentar esta entrada

Escriba un comentario
Ver comentarios

Escriba un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicado.
Los campos obligatorios están marcados*