Seminario Novas Oportunidades das Cooperativas en Tempos de Crise Económica

Agaca
Por Agaca Novembro 18, 2014 19:13

ACTIVIDADES

Xullo 2019

REVISTA AGACA

  • Cooperación Galega Nº 143 Maio 2019

    Editorial: Asociación “Nós, as mulleres”
    A Fondo: A visibilidade da muller na cooperativa
    Caderno: Efecto do tipo de concentrado na dieta de cebo

    Ver Online Ver Todas Hemeroteca

18/11/2013

AGACA organiza o Seminario Novas Oportunidades das Cooperativas en Tempos de Crise Económica

Coincidindo co XXV aniversario da Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias, o 5 de novembro a entidade organizou este seminario onde se abordarán temas de grande interese para as cooperativas como poden ser a oportunidade que supón a aplicación da Lei de Fomento da Integración de Cooperativas ou a reforma da PAC (Política Agraria Común) e os seus efectos nos distintos subsectores económicos e as conclusións da conferencia do Sector Lácteo organizada pola Comisión Europea.
ASISTENTES 

A actividade diríxese a directivos, membros de Consellos Reitores, xerentes e cooperativas socias. O subdirector xeral de Fomento Industrial e Innovación do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medioambiente, Rafael Bolívar, será o encargado de afondar na Lei de Fomento da Integración de cooperativas, actuando como moderador do relatorio o director xeral de Cooperativas Agro-alimentarias de España, Eduardo Baamonde.

A intervención relativa aos efectos previstos da Reforma da PAC terá como relatores a Gabriel Trenzados, técnico de Asuntos para a UE e Internacional de Cooperativas Agro-Alimentarias; Fernando de Antonio, técnico de Gandería de Cooperativas Agro-alimentarias, e José Luis Antuña, director xeral de Feiraco e presidente da INLAC (Interprofesional Láctea).

Outra destacada intervención correrá a cargo de Fernando Sánchez Salinero, xerente do Instituto Desarrollo PYME, experto en xestión empresarial con numerosos libros publicados sobre a materia. Ademais, Iván Novo, como xerente de UCOGA, ofrecerá información sobre a corretoría de seguros UCOGA, participada por cooperativas e entidades afíns galegas, e Carmen Sabrí, directora de Negocio Agrario de La Caixa centrará a súa exposición nun financiamento especial para a agroalimentación.

O acto de inauguración correrá a cargo da Conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana; o director xeral de Traballo e Economía Social, da Consellería de Traballo e Benestar, Odilo Martiñá e a directora xeral de Produción Agropecuaria da Consellería do Medio Rural e Mar, Patricia Ulloa; xunto con presidente de Cooperativas Agro-alimentarias de España, Fernando Marcén, e o presidente de AGACA, José Montes.

Agaca
Por Agaca Novembro 18, 2014 19:13
Escriba un comentario

Non existen comentarios

Aún no hay comentarios.

Podes ser o primeiro en comentar esta entrada

Escriba un comentario
Ver comentarios

Escriba un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicado.
Los campos obligatorios están marcados*