Santiago de Compostela acolle a primeira edición da pop up “Espazos Efímeros de Emprendemento”

Agaca
Por Agaca Febreiro 20, 2019 14:26

ACTIVIDADES

Setembro 2019

ÚLTIMAS NOTICIAS

REVISTA AGACA

  • 144_portada_wb

    Cooperación Galega Nº 144 Agosto 2019

    Editorial: Viticultores en problemas coa Seguridade Social
    A fondo: Daniel Ferreiro: “A decisión de fusionar Aira foi un acerto”
    Caderno Técnico: Oportunidades de negocio no sector primario

    Ver Online Ver Todas Hemeroteca
  • A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias – AGACA- organiza esta actividade no marco do proxecto Interreg PocTep LACES, na que 17 empresas e emprendedores da economía social de Galicia presentarán os seus produtos máis innovadores ao público durante seis fins de semana.
  • A primeira cita será o venres 22 e sábado 23 de febreiro na Aula Gastronómica do Mercado de Abastos de Santiago de 9.15 a 15.00 horas
  • A exposición terá continuidade os días 1 e 2 de marzo, 8 e 9 de marzo, 21 e 22 de xuño, 28 e 29 de xuño e 5 e 6 de xullo.

LACES-ESPAZOS-POP-UP-840X607-WB A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias – AGACA- organiza no mercado de Abastos de Santiago de Compostela a exposición “Espazos Efémeros de Emprendemento” no marco do proxecto Interreg PocTep LACES. Cun formato de tenda ‘pop up’ desenvolverase durante seis fins de semana de febreiro a xullo, en xornadas de venres e sábado.

A exposición “Espazos Efémeros de Emprendemento” comeza mañá venres 22 de febreiro en horario de 9.15 a 15.00 horas. Ás 12.00 horas está prevista unha visita oficial polos postos coa asistencia de Alba Paz Boubeta, subdirectora xeral de Economía Social da Xunta de Galicia; Concepción Fernández Fernández, concellería de Economía Social do Concello de Santiago; José Severino Montes Pérez, presidente de AGACA, e Higinio Mougán Bouzón, director xerente de AGACA.

O obxectivo desta actividade é ofrecer aos proxectos e empresas da economía social que se atopan en fase de creación ou consolidación unha experiencia real de venda e conseguir unha importante aprendizaxe que lles axude a perfeccionar o seu modelo de negocio. Así, o Mercado de Abastos de Santiago converterase durante doce xornadas nun escaparate onde os emprendedores poderán expoñer os seus proxectos e produtos ao público, accedendo a unha valiosa retroalimentación do potencial cliente antes de lanzarse definitivamente ao mercado.

Un total de 17 empresas e emprendedores participan neste proxecto. Trátase de Produtores do Campo da Capela, S. Coop. Galega; Tres Fuciños, S. Coop. Galega; Terras da Mariña, S. Coop. Galega; Cooperativa Agraria Provincial da Coruña, S. Coop. Galega (Bico de Xeado); Cobideza, S. Coop. Galega; Erica Mel, S. Coop. Galega; Milhulloa, S. Coop. Galega; Monte Cabalar, S. Coop. Galega; CLUN (Cooperativas Lácteas Unidas); Nutre en Bio, S. Coop. Galega; Conservas Anaco E.I. L.; Adegas Martín Códax S.A.U. / Viticultores Martín Códax, S. Coop. Galega; Condado Paradanta, S. Coop. Galega; C.E.E. Freshcut S. L.; Dairylac S. L.; Cooperativa Caprina Galega, S. Coop. Galega, e Alcrique, S. Coop. Galega.

Desta forma, os asistentes poderán coñecer os produtos máis novos de diferentes sectores como o lácteo, vitivinícola, fabricación de embutidos, conservas ou cultivo ecolóxico no marco de empresas da economía social de Galicia.

Esta fin de semana será a quenda das  las primeiras seis empresas. As persoas que se acheguen ao ‘pop  up’ instalado no Mercado de Abastos de Santiago, durante mañá venres e o sábado en horario de 09.15 a 15.00, poderán coñecer o traballo de Productores del Campo de Capela, S. Coop. Galega; Tres Fuciños, S. Coop. Galega; Terras da Mariña, S. Coop. Galega; Condado Paradanta, S. Coop. Galega-; C.E.E. Freshcut S.L., e  Milhulloa, S. Coop. Galega.

Estas empresas repetirán nunha ocasión máis, así como o resto de participantes, que irán expoñendo o seu traballo durante as fins de semana de celebración do ‘pop  up’. A exposición “Espazos Efémeros de Emprendemento” de  AGACA regresará os próximos días 1 e 2 de marzo, 8 e 9 de marzo, 21 e 22 de xuño, 28 e 29 de xuño e 5 e 6 de xullo ao Mercado de Abastos de Santiago de Compostela.

Organizadores e socios

A Asociación  Galega de Cooperativas Agroalimentarias –  AGACA- organiza esta actividade no marcodo proxecto  LACES: Laboratorios de apoio á creación de emprego e empresas de economía social. Outros socios do proxecto son a  Universidade de Santiago de Compostela,  Espazo  Coop (Unión de Cooperativas  Galegas),  Aesgal (Agrupación Empresarial de Sociedades Laborais de Galicia), Xunta de Galicia,  Universidade de  Trás-Os-Montes e Alto  Douro,  Universidade  do  Minho,  In.cubo (Incubadora de Iniciativas Empresariais  Innovadoras) e a Câmara Municipal de Santo Tirso.

Proxecto LACES

O Proxecto  LACES (0129_ LACES_1_E), Laboratorios de apoio á creación de emprego e empresas de economía social, está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) a través do Programa Interreg V-A España-Portugal (POCTEP) 2014-2020.

O Proxecto  LACES ten como fin último contribuír ao fomento e consolidación da economía social na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal para conseguir un salto cualitativo na súa capacidade para xerar e consolidar emprego, a través da execución de programas piloto para a competitividade e impulso de empresas de economía social no espazo transfronteirizo.

Que é a economía social?

Denomínase economía social ao conxunto de actividades privadas creadas para satisfacer as necesidades dos seus integrantes e/ou o interese xeral económico ou social. É o caso de cooperativas, sociedades laborais e centros especiais de emprego.

Os principios orientadores da economía social son, entre outros, a primacía das persoas e do fin social sobre o capital; adhesión libre e voluntaria; xestión autónoma, transparente e democrática; orientación aos intereses dos membros e ao interese xeral; aplicación dos resultados ao fin social obxecto da entidade ou ao interese xeral; solidariedade, igualdade de oportunidades e cohesión social, e independencia dos poderes públicos.

Visita oficial  Pop up “Espazos Efémeros de Emprendemento”

Data:           Venres 22 de febreiro, 12.00h

Lugar:            Aula Gastronómica. Mercado de Abastos. Santiago de Compostela

Asisten:

  • Alba Paz Boubeta, subdirectora xeral de Economía Social de la Xunta de Galicia
  • Concepción Fernández Fernández, concelleira de Economía Social do Concello de Santiago
  • José Severino Montes Pérez, presidente de AGACA
  • Higinio Mougán Bouzón, director xerente de AGACA
Agaca
Por Agaca Febreiro 20, 2019 14:26
Escriba un comentario

Non existen comentarios

Aún no hay comentarios.

Podes ser o primeiro en comentar esta entrada

Escriba un comentario
Ver comentarios

Escriba un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicado.
Los campos obligatorios están marcados*