Resolución da Xunta para ampliación de medidas urxentes para a erradicación e control da couza guatemalteca

Agaca
Por Agaca Febreiro 15, 2017 15:09

ACTIVIDADES

Decembro 2019

REVISTA AGACA

  • 145 portada

    Coperación Galega 145 Outubro 2019

    Editorial: «Comprometidos, non privilexiados»
    A fondo: Entrevista a Rafael Prieto, director xeral de Clun: «Case é imprescindible ter unha industria láctea cooperativa forte»
    Caderno Técnico: A innovación agroforestal en Galicia

    Ver Online Ver Todas Hemeroteca

DIRECCIÓN XERAL DE GANDARÍA, AGRICULTURA E INDUSTRIA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 9 de febreiro de 2017, da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, pola que se amplían as medidas urxentes para a erradicación e control da praga Tecia solanivora Povolny ou couza guatemalteca da pataca na Comunidade Autónoma de Galicia. DOG Núm. 31.

A praga denominada couza guatemalteca da pataca, provocada polo organismo nocivo denominado Tecia solanivora Povolny ou Scrobipalpopsis solanivora Povolny, foi detectada na Comunidade Autónoma de Galicia no ano 2015.

A través da Resolución do 16 de outubro de 2015, da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias (DOG núm. 209, do 3 de novembro), declarouse a presenza da praga de corentena denominada Tecia solanivora Povolny ou couza guatemalteca da pataca e establecéronse as zonas demarcadas para esta praga e as medidas urxentes para a súa erradicación e control.

Posteriormente producíronse novas deteccións deste organismo noutras zonas do territorio da comunidade autónoma, as cales foron actualizadas mediante a Resolución do 11 de febreiro de 2016, da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias (DOG núm. 38, do 25 de febreiro), e mediante a Resolución do 2 de febreiro de 2017, da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias (DOG núm. 25, do 6 de febreiro).

Á espera de que se aprobe e se publique o programa nacional de control e erradicación de Tecia solanivora Povolny, faise necesario establecer novas medidas complementarias que permitan o control das plantacións e movementos de patacas dentro das zonas afectadas.

Por todo o anteriormente exposto,

RESOLVO:

  1. De conformidade co previsto no artigo 5.c) da Lei 43/2002, do 20 de novembro, os operadores de pataca deberán notificar de forma inmediata á Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, cando detecten síntomas ou sospeiten da presenza de Tecia solanivora Povolny nas súas instalacións.
  2. Co fin de dispoñer da maior información sobre a superficie plantada e, en particular, a dedicada á produción de pataca para o autoconsumo, e a súa distribución en Galicia, os comerciantes ou puntos de venda de semente solicitarán dos compradores de pataca de semente a seguinte información: nome e enderezo do comprador, cantidade adquirida, data de adquisición. Esta información estará á disposición dos servizos oficiais de sanidade vexetal.
  3. Todo produtor de pataca, tanto profesional como de autoconsumo, localizado en calquera dos concellos declarados como zona demarcada, deberá comunicar a superficie plantada na presente campaña, de acordo co anexo I.
  4. A Administración local reforzará a vixilancia da procedencia dos tubérculos que se venden nos mercados locais, constatando a orixe da pataca comercializada e adoptando as medidas para impedir, se é o caso, a circulación.
  5. Mentres non se aproba a normativa estatal, recoméndase non realizar a plantación de cultivo de pataca nas zonas demarcadas. Tras a publicación do programa nacional de control e erradicación do patóxeno, a presenza da praga nos cultivos das zonas afectadas suporá que estes sexan declarados como infestados, e procederase á arrinca e destrución da colleita.

Santiago de Compostela, 9 de febrero de 2017 – Belén María do Campo Piñeiro – Directora general de Ganadería, Agricultura e Industrias Agroalimentarias

Pode descargar a resolución e o anexo I en “Documentación 1” (formato PDF)

Agaca
Por Agaca Febreiro 15, 2017 15:09
Escriba un comentario

Non existen comentarios

Aún no hay comentarios.

Podes ser o primeiro en comentar esta entrada

Escriba un comentario
Ver comentarios

Escriba un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicado.
Los campos obligatorios están marcados*