Remata o obradoiro de igualdade e xestión cooperativa en Sada

Agaca
Por Agaca Setembro 26, 2016 15:03

ACTIVIDADES

Setembro 2019

REVISTA AGACA

  • 144_portada_wb

    Cooperación Galega Nº 144 Agosto 2019

    Editorial: Viticultores en problemas coa Seguridade Social
    A fondo: Daniel Ferreiro: “A decisión de fusionar Aira foi un acerto”
    Caderno Técnico: Oportunidades de negocio no sector primario

    Ver Online Ver Todas Hemeroteca

Remata o obradoiro de igualdade e xestión cooperativa en Sada

  • Hoxe pechou na aula CEMIT de Sada o Obradoiro “Empoderamento da muller como persoa socia da cooperativa”, impartido por AGACA.

O alumnado cursou 7 seminarios, 21 horas formativas, nos que se afondou en aspectos como retos do mundo cooperativo, habilidades directivas, conceptos empresariais básicos e regulación da cooperativa, planificación estratéxica e detección, análise e eliminación de obstáculos e estereotipos asociados ao xénero.

A iniciativa forma parte da Rede Eusumo para o fomento do cooperativismo e a economía social, e forma parte dun ciclo de iniciativas, impartidas por AGACA, dedicadas a fomentar a participación activa das mulleres nas actividades e órganos de decisión das cooperativas.

Rede Eusumo
Asesoramento, orientación, formación, acompañamento nas iniciativas empresariais, apoio á internacionalización, celebración de encontros internacionais e transfronteirizos, intercambio comercial e cooperación transversal definen a rede transversal de colaboración Eusumo, nacida en 2011 co impulso da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia.

26/09/2016

Agaca
Por Agaca Setembro 26, 2016 15:03
Escriba un comentario

Non existen comentarios

Aún no hay comentarios.

Podes ser o primeiro en comentar esta entrada

Escriba un comentario
Ver comentarios

Escriba un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicado.
Los campos obligatorios están marcados*