Rede Eusumo promove un estudo sobre Aforro e eficiencia enerxética nas adegas cooperativas

Agaca
Por Agaca Outubro 3, 2018 10:42

ACTIVIDADES

Decembro 2018

REVISTA AGACA

  • Cooperación Galega 140

    Cooperación Galega nº 140 – Octubre 2018

    Editorial- A cuarta revolución industrial
    A Fondo- AIRA e DAIRYLAC vistas polo seu presidente e director
    Caderno Técnico- Implantación e manexo de praderías de leguminosas anuais biodiversas para zonas de seca no verán

    Ver Online Ver Todas Hemeroteca
  • A Rede Eusumo para o fomento da economía social promove o estudo Aforro e eficiencia enerxética nas adegas cooperativas, desenvolvido por AGACA, para tratar de optimizar o aforro enerxético e os custos destas entidades.

O consumo enerxético é un dos custos aos que toda empresa e toda cooperativa deben facer fronte. Atopar o modo de reducir consumos e lograr a eficiencia enerxética tradúcese no aforro de custos, co conseguinte aumento da vantaxe competitiva e cunha diferenciación no mercado. Aínda máis, o consumo enerxético eficiente é unha das claves da estratexia para loitar contra o cambio climático.

Dende hai anos, AGACA vén analizando o consumo enerxético no proceso produtivo das adegas cooperativas a través do estudo dos seus hábitos de consumo e dos equipos que utilizan recursos enerxéticos.

A partir dos resultados obtidos, propóñense e recoméndanse accións idóneas para optimizar o consumo nas adegas, en función do seu potencial de aforro, da facilidade de implantación e dos custos de execución.

Froito dese traballo é o estudo Aforro e análise da eficiencia enerxética nas adegas cooperativas, dirixido especialmente ás adegas cooperativas para formalas na aplicación de medidas de aforro e eficiencia enerxética no seu proceso produtivo. Así pois, os obxectivos do estudo son:

-Fomentar que as adegas cooperativas adopten mecanismos que favorezan o aforro enerxético nos procesos produtivos, establecendo indicadores e medidas que permitan analizar os resultados e fixar obxectivos de mellora.

-Facilitar que as adegas cooperativas poidan comparar os seus consumos cos datos medios obtidos para establecer pautas de actuación co fin de reducir o consumo en función dos parámetros que se indican o informe.

Rede Eusumo

Esta actividade enmárcase no programa de actuación 2018 da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego da Xunta de Galicia para o fomento do cooperativismo e a economía social que conta con financiamento do Ministerio de Emprego e Seguridade Social.

2018_logos_eusumo

03/10/2018

Agaca
Por Agaca Outubro 3, 2018 10:42
Escriba un comentario

Non existen comentarios

Aún no hay comentarios.

Podes ser o primeiro en comentar esta entrada

Escriba un comentario
Ver comentarios

Escriba un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicado.
Los campos obligatorios están marcados*