Rede Eusumo. Aforrando enerxía nas fábricas de pensos

Agaca
Por Agaca Xullo 17, 2017 14:24

ACTIVIDADES

Setembro 2019

ÚLTIMAS NOTICIAS

REVISTA AGACA

  • 144_portada_wb

    Cooperación Galega Nº 144 Agosto 2019

    Editorial: Viticultores en problemas coa Seguridade Social
    A fondo: Daniel Ferreiro: “A decisión de fusionar Aira foi un acerto”
    Caderno Técnico: Oportunidades de negocio no sector primario

    Ver Online Ver Todas Hemeroteca

delagro grandagro sabado 10032012 017

Mellorar a eficiencia enerxética é sinónimo de aforro de custos, aumento da vantaxe competitiva e diferenciación no mercado. ademais de ser  unha das claves da estratexia para loitar contra o cambio climático.

AGACA leva xa uns anos facendo a análise dos consumos enerxéticos no proceso produtivo das cooperativas con fábrica de pensos. Estúdanse os equipos  e hábitos de consumo de enerxía.

Cos resultados propóñense e recomendan as accións idóneas para optimizar o consumo en función do seu potencial de aforro, a facilidade de implantación e os custos de execución.

Os obxectivos do Estudo sobre “Aforro e Eficiencia Enerxética nas cooperativas con fábrica de pensos” ten como obxectivos fomentar a adopción de mecanismos que favorezan o aforro enerxético nos procesos produtivos, con indicadores e medidas de análises de resultados e facilitar  que as cooperativas poidan comparar os seus consumos coas medias obtidas co fin de establecer pautas de actuación de redución do consumo en función dos parámetros que se indican no Informe.

A actividade enmárcase na iniciativa Rede Eusumo, rede liderada pola Xunta de Galicia, para fomento do cooperativismo e a economía social en Galicia.

Agaca
Por Agaca Xullo 17, 2017 14:24
Escriba un comentario

Non existen comentarios

Aún no hay comentarios.

Podes ser o primeiro en comentar esta entrada

Escriba un comentario
Ver comentarios

Escriba un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicado.
Los campos obligatorios están marcados*