ACTIVIDADES

Novembro 2018

REVISTA AGACA

  • !·9 Cooperación Galega

    Cooperación Galega Nº 139 Agosto 2018

    Editorial- A reforma da Política Agraria Común
    A Fondo- CEPES. Mellorar o agro formando á xuventude
    Caderno Técnico- Recomendacións para cumprir coa Condicionalidade en medioambiente, cambio climático e boas condicións agrícolas da terra

    Ver Online Ver Todas Hemeroteca

REFERENCIAS HISTÓRICAS

Agaca nace en 1988 como unha entidade sen ánimo de lucro, de carácter non gobernamental.

Once cooperativas agrarias galegas unen esforzos coa finalidade de crear unha organización capaz de representar e defender os intereses e necesidades das múltiples cooperativas agrarias e gandeiras da Comunidade Autónoma.

Cumpre así coa misión de fomentar e promover o cooperativismo con vontade social de apoio e cooperación; como un instrumento ao servizo das cooperativas asociadas dende o cal se intentan aproveitar todas as sinerxías e se constitúen foros de debate en prol dunha procura permanente de puntos en común.

Cooperativas Constituíntes

Primeiro Consello Reitor

IDENTIDADE

Logotipo antiguo de AGACAParte da visión de AGACA exprésase a través da cor e das formas do seu logotipo. Ata 2012 amosaba o azul da agua e do ceo galego, formas firmes e integradoras. En agosto de 2012, a nosa imaxe corporativa varía para adaptarse á tamén nova denominación da entidade: Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias.

 

Logotipo AGACAFormas redondeadas, harmoniosas; cores verdes, máis parecidas aos campos e montañas galegos; letras enlazadas; ampliación do termo agrarias a agroalimentarias —semellante á denominación de Cooperativas Agro-alimentarias de España—, reflicten adaptación aos cambios e o desexo de unir. Unha testemuña gráfica do noso lema corporativo: unidos somos máis fortes.

Descargar logotipo